Sanromán Braga

Professor

Area of Chemical Engineering
Department of Chemical Engineering

Contact information

School of Industrial Engineering
Despacho 310

As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo

+34 986 812 304
sanroman@uvigo.es

Short CV

Catedrática do Departamento de Enxeñería Química e Investigadora Principal do grupo Bioenxeñaría e Procesos Sustentables da Universidade de Vigo. A súa traxectoria investigadora centrouse na área da Enxeñería de Procesos Biotecnolóxicos e Tecnoloxía Ambiental e actualmente desenvolve as seguintes liñas de investigación: + Remediación de solos: Tratamentos físico químicos, eléctricos e biolóxicos + Procesos de Oxidación Avanzada + Revalorización de Residuos + Procesos Biotecnolóxicos: produción, deseño e escalado + Química Verde. O seu labor docente e investigador foi avaliado positivamente con 6 tramos de docencia e 5 tramos de investigación. É autora de 15 capítulos de libros e de máis de 300 artigos publicados en revistas internacionais de recoñecido prestixio, recollidas no JCR do ISI Web of Knowledge, cun índice H de 50. Autora de máis de 400 comunicacións a Congresos Nacionais e Internacionais, participou en máis de 50 proxectos de investigación nacional e internacional e en diversos contratos de innovación e transferencia de tecnoloxía coa administración e empresas. No seu haber, consta ademais a dirección de 24 tese doutoral e máis de 50 Traballos Fin de Carrera, Diplomas de Estudos Avanzados e Traballos Fin de Master. Neste contexto, destaca a súa participación como investigadora principal de máis de 30 proxectos, directora da Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación da Universidade de Vigo, adxunta da ANEP na área de Tecnoloxía Química (2007/2011) e da Axencia Estatal de Investigación (AEI) na área de Transferencia de Tecnoloxía (2015/2018) e Materiais (2019/2020). Ademais, actúa como experta habitual de axencias de avaliación investigadora e docente a nivel nacional e internacional. É destacable tamén a súa colaboración como membro do comité editorial de diversas revistas como Bioresource Technology, en calidade de Editora Asociada.

Teaching

Teaching profile at UVigo

1st term

Grao en Química

V11G201V01408 | Industrial chemistry

2nd term