As prácticas académicas externas constitúen unha actividade formativa realizada polo estudantado do Grao en Química en entidades externas á universidade.

O seu obxectivo é complementar e aplicar os coñecementos adquiridos na formación teórico-práctica en contextos reais de traballo mediante o contacto con profesionais do sector químico e favorecer a adquisición de competencias que os preparen para o exercicio profesional e faciliten a súa futura incorporación ao mundo laboral.
As prácticas académicas externas poden ser de dous tipos:

  • Prácticas externas curriculares: son unha actividade académica integrada no plano de estudos do Grao en Química como unha materia optativa de 6 créditos ECTS ofertada no segundo cuadrimestre do último curso do grao.
  • Prácticas externas extracurriculares: son aquelas que o estudantado poderá realizar con carácter voluntario durante o seu período de formación e que, aínda tendo os mesmos fins que as prácticas curriculares, non forman parte do correspondente plan de estudos. Con todo, serán contempladas no suplemento europeo ao título (SET) conforme determine a normativa vixente.

Normativa

As normativas de aplicación para as prácticas externas no Grao en Química son as seguintes:

Prácticas externas realizadas en cursos anteriores
2021/2022 | 2020/2021 | 2019/2020 | 2018/2019 | 2017/18 | 2016/2017 | 2015/2016 | 2014/2015 | 2013/2014

Coordinación de prácticas

María Isela Lavilla Beltrán
+34 986 812 291
isela@uvigo.es
practicas.quimica@uvigo.es

Angeles Peña Gallego
+34 986 812 696
mpena@uvigo.es
practicas.quimica@uvigo.es

Máis información

Área de Emprego e Emprendemento
+34 986 818 710
emprego@uvigo.es