Profesor/a contratado/a doutor/a
Área de Inmunoloxía
Departamento de Bioquímica, Xenética e Inmunoloxía
Información de contacto
Facultade de Bioloxía
Edificio de Ciencias Experimentais
Bloque C, Planta 2, Despacho 34
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 812 625
jfaro@uvigo.es
Breve CV
Doutorouse en Bioloxía cun traballo sobre a resposta inmune murina aos meningococos (Universidade de Santiago de Compostela). Realizou o posdoutoramento na Universidade de Estocolmo (Suecia), no Instituto Pasteur (París, Francia), na Universidade de Jussieu-Paris VI (Francia) e na Universidad de Salamanca. Foi profesor Asociado e Profesor Axudante na Universidad de Salamanca e Investigador Principal no Instituto Gulbenkian de Ciência (Oeiras, Portugal). En xaneiro de 2005 uniuse ao grupo de Inmunoloxía na Universidade de Vigo cunha bolsa-contrato Isidro Parga-Pondal da Xunta de Galicia. É Profesor Contratado Doutor de Inmunoloxía na Universidade de Vigo desde 2009 ata a actualidade. Cunha ampla experiencia en inmunoloxía experimental, comezou na inmunoloxía matemática na busca dun entendemento teórico-cuantitativo dos principais procesos inmunitarios.
Docencia
Titorías
2º cuadrimestre
Titorías presenciais concertadas
O docente ten unha oferta de titorías presenciais en horario concertado. Para concertar unha cita podes facelo dende a túa Secretaría en liña.
Investigación
Grupo de investigación
Liñas de investigación
- Análise matemática-experimental dos distintos procesos celulares
- Análise matemática-experimental das interaccións celulares
- Modelización matemática das interaccións reversibles