Mandado Alonso

Profesor/a titular de universidade

Área de Química Física
Departamento de Química Física

Información de contacto

Facultade de Química
Edificio de Ciencias Experimentais
Bloque E, Planta 2, Despacho 23
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo

+34 986 813 812
mandado@uvigo.es

Breve CV

Licenciado en Ciencias Químicas pola Universidade de Vigo en 1999. Doutor en Química pola Universidade de Vigo en 2004. Estadías de investigación no grupo do Prof. Van Alsenoy nos anos 2003 e 2005. Profesor titular no Departamento de Química Física da Universidade de Vigo desde decembro de 2011. Autor ou coautor de máis de 70 artigos de investigación publicados en diferentes revistas internacionais, todas elas indexadas polo JCR, como Chemistry A European Journal, CHEMSUSCHEM, Journal of Physical Chemistry A, Journal of Chemical Physics, Journal of Chemical Theory and Computation, Physical Chemistry Chemical Physics, Journal of Computational Chemistry, etc. Coautor de 6 capítulos de libro e un libro completo, publicados en editoriais como Taylor & Francis ou Wiley. Director de dúas teses de doutoramento lidas na Universidade de Vigo nos anos 2012 e 2014. Ao longo da súa actividade investigadora participou en nove proxectos de investigación diferentes, dous deles como investigador principal. A súa investigación centrouse nos últimos 10 anos tanto no desenvolvemento de novas metodoloxías dentro do campo da Química Cuántica como en aplicacións concretas da Química Computacional. Os seus traballos de investigación aplicaronse en diferentes liñas, como o estudo de interaccións intermoleculares débiles, reactividade e estabilidade de compostos orgánicos aromáticos, estudo de propiedades de resposta eléctrica e a súa aplicación en espectroscopía Raman ou conductividade en cadeas hidrocarbonadas aromáticas.

Docencia

Perfil docente na UVigo

1º cuadrimestre

Grao en Química

V11G200V01303 | Química física I

Máster Universitario en Química Teórica e Modelización Computacional

V11M131V01108 | Profundización nos Métodos da Química Teórica
V11M131V01113 | Laboratorio de Química Teórica Aplicada

2º cuadrimestre

Máster Universitario en Química Teórica e Modelización Computacional

V11M131V01108 | Profundización nos Métodos da Química Teórica
V11M131V01113 | Laboratorio de Química Teórica Aplicada

Investigación

Grupo de investigación

Química Cuántica