Besada Pereira

Profesor/a titular de universidade

Área de Química Orgánica
Departamento de Química Orgánica

Información de contacto

Facultade de Química
Edificio de Ciencias Experimentais
Bloque E, Planta 3, Despacho 30
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo

+34 986 813 562
pbes@uvigo.es

Breve CV

Licenciado en Ciencias Químicas pola Universidade de Vigo en 1997 e Doutor en Química pola Universidade de Vigo en 2003. Realizou estadías de investigación no grupo do Dr. Kenneth A. Jacobson no National Institutes of Health (Bethesda, USA) no periodo 2003-2007 e no grupo do Prof. Gianni Podda na Universita degli Studi di Cagliari no ano 2001. É autor de 38 traballos de investigación, de 1 capítulo de libro e de 2 patentes e ten participado en 12 proxectos de investigación financiados en convocatorias públicas, ademais de participar desde o ano 2007 na Rede Galega de Investigación e Desenvolvemento de Fármacos (REGID). Ten dirixido 4 Teses de Licenciatura, 4 Traballos Fin de Máster, 1 Traballo Fin de Grao e neste momento atópase dirixindo 3 Teses de Doutoramento. O Prof. Pedro Besada é un químico orgánico especializado na síntese de moléculas con interese farmacolóxico. Na actualidade os proxectos nos que se atopa traballando están relacionados con enfermidades cardiovasculares, neurodexenerativas, cancro e enfermidades lisosomais de depósito colaborando nestes proxectos co grupo do Prof. Stefano Moro da Univesita degli Studi di Padova, da Prof. Isabel Rozas do Trinity College de Dublin, da Dra. Saida Ortolano do Instituto de Investigación Biomédica de Vigo, da Prof. Dolores Viña, do Prof. Ernesto Cano e do Prof. Eugenio Uriarte da Universidade de Santiago de Compostela.

Docencia

Perfil docente na UVigo

1º cuadrimestre

Máster Universitario en Investigación Química e Química Industrial

V11M162V01119 | Química de Produtos Naturais

Grao en Química

V11G201V01105 | Laboratorio de Química I

2º cuadrimestre

Máster Universitario en Investigación Química e Química Industrial

V11M162V01119 | Química de Produtos Naturais