Fall Diop

Catedrático/a de universidade

Área de Química Orgánica
Departamento de Química Orgánica

Información de contacto

Facultade de Química
Edificio de Ciencias Experimentais
Bloque E, Planta 3, Despacho 7
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo

+34 986 812 320
yagamare@uvigo.es

Breve CV

O Dr. Yagamare Fall Diop é Enxeñeiro Químico da l’Ecole Nationale Superieure de Chimie de Strasbourg (Francia). Realizou a súa Tese de Doutoramento na Universidade de Paris Sud (Orsay) baixo a dirección do Pr. Yves Langlois no ICSN (Institut de Chimie des Substances Naturelles), sobre a síntese de feromonas. Realizou unha estadía posdoutoral na Universidade de Southampton traballando co Pr. Philip Kocienski sobre a síntese de antibióticos (1986-1988). De 1989 a 1997 traballou na Universidade de Santiago de Compostela co Pr. Antonio Mouriño, primeiro como bolseiro FP, e despois como colaborador da empresa Farmaceútica Solvays Duphar. No ano 1998 incorporouse á Universidade de Vigo como Profesor Asociado. Desde o ano 2002 é Profesor Titular de Universidade e Catedrático de Universidade desde o ano 2011. O profesor Fall ten participado en 19 proxectos de I+D financiados en convocatorias públicas e en 8 proxectos con empresas. É titular de 12 patentes, ten dirixido 15 Teses de Doutoramento, 19 Teses de Licenciatura e 7 Tesis de Máster. Ten publicado 103 traballos en revistas internacionais, 11 capítulos de libros, 74 comunicacións a congresos. O Dr. Yagamare Fall ten recoñecidos 4 sexenios de investigación, é socio promotor da empresa de líquidos iónicos: Green Solutions, membro do comité editorial da revista The Open Organic Chemistry Journal e avaliador das seguintes revistas: Synthesis, Synlett, Organic Letters,Tetrahedron Letters, Journal of Organic Chemistry, Journal of Combinatorial Chemistry, Chem. Eur. J., The Open Organic Chemistry Journal and Current Topics in Medicinal chemistry. Desde xaneiro 2015 é Editor Rexional por Africa, da revista Current Topics in Medicinal Chemistry.

Docencia

Perfil docente na UVigo

1º cuadrimestre

Grao en Química

V11G200V01504 | Química orgánica II
V11G200V01704 | Química orgánica III

Máster Universitario en Investigación Química e Química Industrial

V11M162V01104 | Procesos Industriais e Sostenibilidade

2º cuadrimestre

Máster Universitario en Investigación Química e Química Industrial

V11M162V01104 | Procesos Industriais e Sostenibilidade