Grao en Química – curso 2020/2021

O equipo decanal da Facultade de Química quere darvos a benvida á facultade e informarvos de que o xoves 15 de setembro ás 9.30 horas terá lugar o Acto de Benvida ao novo estudantado no salón de actos do Edificio de Ciencias Experimentais, onde vos presentaremos a facultade, os estudos de Grao en Química e vos informaremos sobre algúns dos servizos da Universidade de Vigo.

Queremos presentarvos tamén o Plan de Acción Titorial (PAT) – MEET-UVigo que se pon en marcha cada curso para que a vosa chegada á universidade sexa máis doada. Para isto faranse grupos pequenos de novo estudantado e cada un deles terá un estudante dos últimos cursos do grao que fará a labor de mentor para axudarvos no voso primeiro ano na universidade. Están programadas reunións ao longo do curso que vos contaremos no acto de benvida.

Por último tamén dispoñedes dunha Guía do Estudante, onde aparece recollida información xeral sobre os estudos, o centro e a universidade.

Sede benvidos/as á Facultade de Química da Universidade de Vigo.