A Facultade de Química organiza regularmente unha serie de actividades destinadas ao estudantado dos últimos cursos de Ensino Secundario Obligatorio e de Bacharelato.
Estas actividades forman parte do Programa de Promoción da Facultade co que se pretende divulgar a oferta formativa do centro e aumentar o nivel de coñecemento que os distintos sectores da educación e da sociedade teñen do noso centro.
Un obxetivo fundamental deste Programa de Promoción consiste en ofrecer información directa ao potencial estudantado sobre as características do Grao en Química, da Facultade de Química e da Universidade de Vigo. Preténdese ademais contribuír á promoción en xeral da Química entre o estudantado de Ensino Secundario e establecer canles de comunicación entre profesorado de todos os niveis de ensino da Química que poidan contribuir á coordinación de accións con vistas a unha mellor comprensión da materia.
Visitas á Facultade de Química
Unha das principais actividades do Plan de Promoción son as visitas de estudantado de centros de Educación Secundaria á Facultade de Química. Nestas visitas reciben unha breve presentación sobre os estudos de Grao en Química e a continuación visitan distintos laboratorios da facultade, onde realizan e/ou se lles amosan distintas experiencias que pretenden espertar o seu interese pola Química. A duración e horario das visitas é variable e establécese en función das dispoñibilidades horarias do persoal da facultade e os centros visitantes.
Aqueles centros de Educación Secundaria interesados en realizar estas visitas á Facultade de Química dispoñen de dúas vías para solicitalas:
- Contactar directamente coa Facultade de Química no enderezo electrónico decanatoquimica@uvigo.es achegando o formulario de solicitude de visita
- Contactar a través do Sección de Información a Estudantes (SIE) da Universidade de Vigo.
Charlas de orientación e de divulgación
Unha segunda parte das actividades de promoción da Facultade de Química consiste na impartición por profesorado da facultade de charlas de orientación sobre os estudos do Grao en Química dirixidas a potenciais estudantes universitarios e charlas divulgativas sobre aspectos xerais da Química en centros de ensino secundario da súa contorna coa fin de aumentar o interese polas ciencias e, en particular, pola Química.
Aqueles centros de Educación Secundaria interesados en celebrar estas charlas deban contactar a través do Sección de Información a Estudantes (SIE) da Universidade de Vigo.