Esta modificación do Grao en Química entra en vigor para todos os efectos a partir do curso 2019/2020. Para efectuar unha transición ordenada e que ningún estudante resulte prexudicado no proceso, teranse en conta as táboas de adaptación que se especifican nos epígrafes seguintes.
Grao en Química (2009) | Grao en Química (2019) | ||
---|---|---|---|
Materia | ECTS | Materia | ECTS |
Bioloxía: Bioloxía | 6 | Bioloxía: Bioloxía | 6 |
Física: Física I | 6 | Física: Física I | 6 |
Química, Física e Bioloxía: Laboratorio Integrado I | 6 | Química, Física e Bioloxía: Laboratorio Integrado I | 6 |
Matemáticas: Matemáticas I | 6 | Matemáticas: Matemáticas I | 6 |
Química: Química I | 6 | Química: Química I | 6 |
Física: Física II | 6 | Física: Física II | 6 |
Química, Física e Xeología: Laboratorio Integrado II | 6 | Química, Física e Xeología: Laboratorio Integrado II | 6 |
Matemáticas: Matemáticas II | 6 | Matemáticas: Matemáticas II | 6 |
Química: Química II | 6 | Química: Química II | 6 |
Xeología: Xeología | 6 | Xeología: Xeología | 6 |
Química Analítica I | 9 | Química Analítica I: Principios de Química Analítica | 6 |
Química Analítica II | 9 | Química Analítica II: Métodos ópticos de análise | 6 |
Química Analítica II | 9 | Química Analítica III: Métodos Electroanalíticos e Separacións | 6 |
Química Analítica III | 6 | Química Analítica IV: Métodos cromatográficos e afíns | 6 |
Química Física I | 6 | Química Física I: Termodinámica Química | 6 |
Química Física II | 9 | Química Física II: Superficies e Coloides | 6 |
Química Física II | 9 | Química Física IV: Estrutura Molecular e Espectroscopia | 6 |
Química Física III | 9 | Química Física V: Cinética Química | 6 |
Química Inorgánica I | 9 | Química Inorgánica I | 6 |
Química Inorgánica I | 9 | Química Inorgánica II | 6 |
Química Inorgánica II | 6 | Química Inorgánica III: Química de Coordinación | 6 |
Química Inorgánica III | 9 | Química Inorgánica IV: Metais de transición e Estado Sólido | 6 |
Química Orgánica I | 9 | Química Orgánica I | 6 |
Química Orgánica II | 6 | 6 | |
Química Orgánica III | 9 | Química Orgánica III: Reaccións concertadas, radicalarias e fotoquímicas | 6 |
Química Orgánica III | 9 | Química Orgánica IV: Deseño da síntese orgánica | 6 |
Física III | 6 | Química Física III: Química Cuántica | 6 |
Métodos Numéricos | 6 | Materia optativa | 6 |
Ferramentas Informáticas | 6 | Materia optativa | 6 |
Determinación Estrutural | 6 | Determinación Estrutural | 6 |
Enxeñaría Química | 9 | Enxeñaría Química | 6 |
Química Biolóxica | 9 | Bioquímica | 6 |
Enxeñaría Química Química Biolóxica |
18 | Enxeñaría Química | 6 |
Enxeñaría Química Química Biolóxica |
18 | Bioquímica | 6 |
Enxeñaría Química Química Biolóxica |
18 | Materia optativa | 6 |
Proxecto | 6 | Proxecto | 6 |
Química de Materiais | 6 | Química de Materiais | 6 |
Ademais destes recoñecementos directos, de ser necesario, o estudantado poderá solicitar adaptacións particulares que serán abordadas na Comisión de Docencia delegada da Xunta de Facultade, que estudará cada caso individualmente e poderá adoptar solucións particulares dependendo do expediente de cada estudante. Como se indicou no Apartado 4.4, antes de tomar unha decisión sobre recoñecemento de créditos, a comisión solicitará informe non vinculante ao profesorado responsable da materia para a que se pide o recoñecemento e calquera decisión farase atendendo á coincidencia de competencias, contidos e número de créditos entre a materia cursada e a que se solicita recoñecer.
Recoñecementos entre os graos de Química do Sistema Universitario de Galicia
Para facilitar a mobilidade do estudantado entre os Graos en Química impartidos na Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo, deseñouse un sistema de recoñecemento mutuo que se amosa nas táboas a continuación. Este recoñecemento realizouse tendo en conta as similitudes na adquisición de créditos e competencias segundo establécese na lexislación española e noutros referentes coma a etiqueta “Eurobachelor in Chemistry” da European Chemistry Thematic Network.