O título está deseñado para formar profesionais cualificados dentro deste ámbito industrial e que permita ao sector dotarse de tecnólogos especializados na conservación dos produtos do mar

A Universidade de Vigo, a través dos Departamentos de Química Analítica e Alimentaria e Enxeñaría Química, organiza xunto coa Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados e Mariscos (ANFACO), a través do seu Centro Técnico Nacional de Conservación de Produtos da Pesca (CECOPESCA), un máster oficial totalmente innovador que abarca todos aqueles aspectos relacionados coa conservación dos produtos da pesca.

A idea xorde ante a crecente demanda de persoas tituladas especialistas nun ámbito industrial de notoria importancia na nosa sociedade.

Páxina web do título

 

Información de interese

  • Prazas: 30
  • Tipo de ensino: presencial
  • Periodicidade da oferta: anual
  • Duración: 60 créditos ECTS

 

Coordinación do título

José Canosa Saá
+34 986 812 034
jcanosa@uvigo.es

Matrícula

Área de Estudos de Máster
+34 986 812 532
areaposgraocc@uvigo.es