O Máster Interuniversitario en Nanociencia e Nanotecnoloxía responde á necesidade de integrar nun corpo de coñecemento os avances que se están producindo no campo da nanociencia e das aplicacións tecnolóxicas dos nanosistemas en ámbitos moi diversos.

Aínda que algúns conceptos asociados coa nanociencia e a nanotecnoloxía son obxecto de atención en materias de grao de grandes áreas como Ciencias e Ciencias da Saúde, non existe no Sistema Universitario de Galicia ningunha oferta formativa que ofreza unha visión de conxunto do corpo de coñecemento da nanociencia nin dos procesos tecnolóxicos de produción, caracterización e aplicacións dos nanosistemas.

 

Información de interese

  • Prazas: 13 prazas (na UVigo)
  • Tipo de ensino: presencial
  • Periodicidade da oferta: anual
  • Duración: 60 créditos ECTS

 

Coordinación do título

Juan Pablo Hervés Beloso
+34 986 812 297
jherves@uvigo.es

Matrícula

Área de Estudos de Máster
+34 986 812 532
areaposgraocc@uvigo.es