A plantilla docente da Facultade de Química está integrada por máis de 60 profesores/as permanentes e arredor de 10 docentes-investigadores contratados baixo outras figuras (investigadores Ramón y Cajal, investigadores da Xunta de Galicia e bolseiros). Máis do 95% da plantilla ten o título de Doutor e a totalidade está vinculado a tempo completo coa universidade.
Cadro do PDI
Categoría | Homes | Mulleres | Total | % |
---|---|---|---|---|
CU | 11 | 6 | 17 | 24.28 |
CEU | 0 | 1 | 1 | 1.43 |
PTU | 14 | 20 | 34 | 48.57 |
PCD | 2 | 3 | 5 | 7.15 |
ID | 2 | 5 | 7 | 10 |
IRC | 2 | 0 | 2 | 2.86 |
PXGA | 2 | 2 | 4 | 5.72 |
Outros | 0 | 0 | 0 | 0 |
TOTAL | 33 | 37 | 70 | 100 |
Información detallada do profesorado
Perfil do profesorado
No seguintes enlaces atópase información sobre o perfil do profesorado que imparte docencia no Grao en Química. Inclúese o número de profesores por categoría, un conxunto de indicadores básicos (porcentaxe de profesorado doutor, información sobre a estabilidade do profesorado, quinquenios e sexenios) e a distribución do profesorado en función da súa categoria en cada curso do Grao e en cada unha das materias do título.
Perfil do profesorado por curso: 2017/2018 | 2016/2017 | 2015/2016 | 2014/2015 | 2013/2014 | 2012/2013