Nesta páxina web atópase a información sobre as infraestruturas docentes da Facultade de Química. Algúns destes recursos atópanse no Edificio de Ciencias Experimentais polo que se comparten coas Facultades de Bioloxía e Ciencias do Mar.

Recursos propios

A Facultade dispón dun total de 10 aulas con capacidades que oscilan entre os 14 e 100 postos, dependendo da aula. Todas elas están dotadas de equipo informático e medios de proxección dixital para presentacións multimedia. O seu uso habitual é a impartición de clases maxistrais a grupos grandes, medianos ou pequenos. Tamén son utilizadas para a realización de exames e outras probas escritas e orais, presentacións por parte do estudantado, conferencias, proxeccións, etc.

Plano de situación de aulas (Planta baixa)
Plano de situación de aulas (Primeira planta)

A Facultade dispón dun total de 18 laboratorios docentes, repartidos entre os distintos departamentos, nos que os alumnos poden desenvolver as súas clases prácticas:
 

  • 5 Laboratorios de Química Analítica
  • 4 Laboratorios de Química Física
  • 4 Laboratorios de Química Inorgánica
  • 4 Laboratorios de Química Orgánica

Plano de situación de laboratorios (Planta baixa)
Plano de situación de laboratorios (Primeira planta)

A Facultade dispón dun aula de informática cun total de 20 postos dotados de ordenador con conexión a Internet. Utilizase na docencia dalgunhas materias dos diferentes planos de estudos da Facultade. No horario de libre acceso, calquera estudante pode utilizar as súas instalacións na realización de traballos, exercicios ou proxectos programados, ou dentro da súa actividade de estudo autónoma.

Espazo web: iCIENCIAS

Plano de situación da Aula de informática (Planta baixa)

A Facultade dispón, na planta baixa do edificio, dun Aula de Videoconferencia, con 35 postos, que posibilita a conexión a través da rede de internet con outras aulas do mesmo tipo. Esta sala conta co sistema XT 1200 Multipunto de RADVISION. O sistema admite dúas conexións externas simultáneamente.

Instrucións de Uso do Sistema XT 1200

Plano de situación da Aula de Videoconferencia (Planta baixa)

Na aula 29, situada na Segunda Planta do Bloque E, impártese a docencia presencial do Mestrado en Investigación Química e Química Industrial e dispón dun segundo equipo de videoconferencia, dedicado principalmente a actividades docentes e administrativas do devandito Mestrado.

No espacio compartido coas Facultades de Bioloxía e Ciencias do Mar do Edificio de Ciencias Experimentais, a Facultade de Química pode dispor dun Salón de Actos con capacidade para 380 persoas. Está dotado de medios de proxección de cine e vídeo e amplificación de son, así como equipo informático e medios de proxección analóxica e dixital para presentacións multimedia.

Plano de situación do Salón de Actos

No espacio compartido coas Facultades de Bioloxía e Ciencias do Mar do Edificio de Ciencias Experimentais, a Facultade de Química tamén dispón dun Salón de Graos dotado con 69 butacas de pala, mesa presidencial e atril. Dispón dun equipo informático e de medios de proxección para presentacións multimedia. Destinado a conferencias, proxeccións, reunións e actos protocolarios.

Plano de situación do Salón de Graos

A biblioteca de Ciencias Experimentais, que se atopa nun edificio anexo, está dotada de salas de lectura cun total de 220 postos individuais e acceso directo aos fondos bibliográficos. Asímesmo, dispón de salas para a realización de traballos en grupo con 24 postos de traballo e acceso a internet para os usuarios.

Plano de situación da Biblioteca

Na planta primeira do Bloque E a carón da conserxería atópase o espazo da Área de Apoio a Centros e Departamentos que realiza tarefas administrativas relacionadas cos 3 centros e cos 10 departamentos que se sitúan no Edificio de Ciencias Experimentais.

Plano de situación da Área de Apoio a Centros e Departamentos (Primeira Planta)

A Delegación de Alumnos da Facultade de Química está situada na planta baixa do edificio, xunto ao Servizo de Reprografía.

Plano de situación da Delegación de Alumnos (Planta baixa)

 

Outras infraestruturas e dotacións

Servizo de reprografía

O centro dispón de servizo de reprografía atendido por unha empresa externa. O horario de atención ao público é de 8:45 a 13:30 e de 15:00 a 18:00.

Plano de situación do Servizo de Reprografía (Planta baixa)

 

Cafetaría e comedor

O centro ten servizo de cafetaría e comedor atendido por unha empresa externa. O horario habitual da cafetaría durante o curso é de 08:30 a 20:00 e o do comedor de 13:00 a 16:00.

Plano de situación do comedor