Alumnado novo (Curso 2017/2018)

Benvida

O Equipo Decanal da Facultade de Química quere darvos a benvida á Facultade e informarvos de que o luns 4 de setembro comezan as actividades académicas do Grao en Química. Además, as 10.00 horas terá lugar o Acto de Benvida ao novo alumnado no Salón de Actos do Edificio de Ciencias Experimentais, onde vos presentaremos a Facultade, os estudos de Grado e informaremos sobre algúns dos servizos da Universidade de Vigo.

 

Queremos presentarvos tamén o Plan de Acción Titorial (PAT) - MEET-UVigo que se pon en marcha cada curso para que a vosa chegada á Universidade sexa mais doada. Por segunda vez neste curso 2017/2018 faranse grupos de pequenos de novos alumnos e cada un deles terá un estudante dos últimos cursos do Grao que fará a labor de mentor para axudaros no voso primeiro ano na Universidade. Están programadas reunións ao longo do curso que vos contaremos no acto de benvida.