Calidade

De acordo cos Reais Decretos 1393/2007 e 861/2010 nos que se establecen a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais, para a verificación e acreditación dun título universitario os centros deben incorporar un sistema de garantía interno que permita o seguimento e a renovación da acreditación do título e que dispoña de procedementos para a avaliación e mellora da calidade da oferta formativa.

 

En cumprimento deste requisito a Facultade de Química deseñou un Sistema de Garantía Interna de Calidade (SGIC) que foi aprobado o 11 de xuño de 2009 e a Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), certificou o 26 de abril de 2010 que o SGIC da Facultade de Química foi diseñado conforme ás directrices establecidas no programa FIDES-AUDIT (Certificado Nº 50 /10).

 

Os principais aspectos relacionados coa Calidad na Facultade de Química desenrólanse nos seguintes enlaces: