Comisión de Calidade

A Comisión de Calidade ou Comisión de Garantía Interna de Calidade é un órgano colexiado que supervisa e promove os diferentes sistemas e procesos vinculados á calidade (SGIC, seguimento das titulacións, procesos de avaliación…), a análise de resultados e indicadores e os plans de mellora consecuentes.

 

De acordo co Manual de Calidade, as funcións da Comisión de Calidade son:

‒ Debater e validar se procede a proposta da política e os obxectivos de calidade.

‒ Debater e validar se procede a proposta do manual de calidade e os procedementos do SGIC da Facultade.

‒ Realizar o seguimento dos distintos programas ligados á mellora da calidade na Facultade e titulacións adscritas, así como propoñer as melloras pertinentes.

‒ Colaborar coa implantación, desenvolvemento e seguimento do SGIC.

‒ Debater, propoñer e realizar o seguimento das accións de mellora de calidade, co fin de potenciar continuamente a calidade da docencia en todos os medios e procesos que nela inflúen, mediante unha colaboración constante cos departamentos e outros órganos colexiados que teñan responsabilidades neste ámbito.

‒ Participar activamente en todos os procesos académicos relativos á oferta formativa do centro (novas titulacións, modificación, suspensión ou extinción das existentes), elaborando un informe valorativo se o consideran oportuno ou é procedente de acordo coa normativa vixente.

‒ Intercambiar, debater e propoñer a participación da Facultade en plans institucionais, nacionais e internacionais en materia de calidade.

 

A composición da Comisión de Calidade contén unha representación dos distintos grupos de interese e dos implicados nas actividades docentes das titulacións da Facultade de Química. Os seus integrantes son elementos claves no desenvolvemento dos programas de calidade da Facultade e, ademais da súa participación activa nas funcións específicas da comisión, deben ser axentes dinamizadores da xestión de calidade no centro.

Composición da Comisión de Garantía de Calidade (X. de Facultade 17-11-15 e 30-01-17):

Presidente

Ignacio Pérez Juste

Secretario

Manuel Martínez Piñeiro

Coordinador de Calidade

Alejandro Fernández Nóvoa

Coordinadores dos títulos

Ignacio Pérez Juste

(Grao en Química)

Rosana Álvarez Rodríguez

("Máster en Investigación Química e Química Industrial")

José Manuel Canosa Saá

("Máster en Ciencia e Tecnoloxía de Conservación de Produtos da Pesca")

Jose Manuel Hermida Ramón

("Máster en Química Teórica e Modelización Computacional")

Administradora da Facultade de Química

María Fariza Nóvoa

Enlace de Igualdade

Alejandro Fernández Nóvoa

Representante do profesorado

Benita Pérez Cid

Representante do alumnado

Adrián García Figueroa

Representante do PAS

Cándida Barreiro Castro

Representante dos egresados/as

Miguel Angel Ramos Docampo

Representante da sociedade

Manuel Rodríguez Méndez

Representante da UTC

José Miguel Dorribo Ribera

 

Actas Comisión de Garantía de Calidade Curso 2016-2017

Acta da reunión do 22-12-2016.

Acta da reunión do 25-01-2017.