Futuro alumnado

Coñécenos

Se estas interesado en estudar Química na Universidade de Vigo, nos seguintes enlaces atoparás un tríptico breve coa descripción do Grao en Química, un vídeo de presentación dos estudos e tres vídeos con testemuñas de estudantes cursando o Grao:

 

 

Ademais, as portas da Facultade de Química están permanentemente abertas para calquer futuro estudante interesado en aprender Química. Unha das principais actividades do Plan de Promoción da Facultade de Química son as visitas de estudantes de centros de Educación Secundaria realizan á Facultade de Química. Nestas visitas os estudiantes reciben unha breve presentación sobre os estudos de Grao e a continuación van a distintos laboratorios da Facultade onde realizan e/ou se lles amosan distintas experiencias que pretenden despertar o seu interese pola Química.

A Facultade de Química tamén participa na impartición de Charlas de Orientación e Charlas Divulgativas dirixidas a estudantes de Ensinanza Secundaria con fin de aumentar o interese pola ciencias e, en particular, pola Química, asi como divulgar a oferta formativa do centro e aumentar o nivel de coñecemento que os distintos sectores da educación e da sociedade teñen da nosa Facultade.

 

Se tés algunha duda, cuestión ou se queres porte en contacto connosco, podes facelo empregando este enlace.