Doutoramento - Facultade de Química

Oferta de Estudos

DOUTORAMENTO

Doutoramento en Ciencia e Tecnoloxía Química

Coordinador: Ezequiel Manuel Vázquez López (ezequiel@uvigo.es)

O Programa de Doutoramento en Ciencia e Tecnoloxía Química é un programa interdisciplinar de Química que permite formar dende o punto de vista teórico e práctico a estudantes que estean interesados en adquirir as competencias e habilidades necesarias para xerar coñecemento químico en laboratorios de investigación e/ou nunha amplia variedade de áreas económico-sociales relacionadas coa Química, así como contribuir á sociedade da información e do coñecemento, contribuindo á creación do mesmo no campo da Química, todo elo como resultado da oferta dun abanico amplo e diverso de liñas de investigación e un panel de directores tamén amplo e diverso.

  • Universidades participantes:

Universidade de Vigo

Universidade de Santiago de Compostela (coordinadora)

Doutoramento en Ciencia e Tecnoloxía de Coloides e Interfases

Coordinador: Juan Pablo Hervés Beloso (jherves@uvigo.es)

A ciencia de Coloides e Interfases desempeña un papel crave en sectores tan variados como alimentación, farmacia, cosmética, novos materiais, nanotecnoloxía, etc. Estes sectores atópanse entre os máis activos en canto a desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica, e por tanto, entre os que presentan unha maior capacidade de absorción de doutores cara ao futuro próximo. A Química Supramolecular, a Nanociencia, e o control de propiedades a través de deseño molecular son expresións que cada día aparecen con máis frecuencia en textos relacionados coa tecnoloxía. Este programa de doutoramento realízase en colaboración co centro de investigación cooperativa en Biomateriales (CIC biomaGUNE) de San Sebastian. O obxecto desta colaboración é profundar no coñecemento dalgúns aspectos da nanociencia nos que os investigadores da Uvigo e do biomaGUNE realizan investigacións complementarias.

  • Universidades participantes:

Universidade de Vigo

Doutoramento en Nanomedicina

Coordinador: Isabel Pastoriza Santos (pastoriza@uvigo.es)

A nanomedicina é unha área emerxente de gran importancia estratéxica que se espera xogue un papel relevante no desenvolvemento, deseño e fabricación de novos equipos e materiais para o diagnóstico, tratamento e prevención de enfermidades. Este é un Programa de Doutoramento de nova creación que enfatiza a necesidade dunha abordaxe multidisciplinar da nanomedicina. Os profesores do mesmo, procedentes de áreas moi diversas, participaron conxuntamente no programa de investigación CONSOLIDER Nanobiomed e posteriormente na Rede Galega de Nanoteconoloxía onde se demostrou o frutífero que resulta a colaboración entre profesionais de distintas disciplinas á hora de desenvolver novas iniciativas no eido da nanomedicina.

  • Universidades participantes:

Universidade de Vigo

Universidade de Santiago de Compostela (coordinadora)

Universidade de A Coruña

Doutoramento en Química Teórica e Modelización Computacional

Coordinador: Marcos Mandado Alonso (mandado@uvigo.es)

Este programa de doutoramento, de forte carácter interuniversitario xa que participan nel 13 universidades diferentes, está orientado á realización de traballos de investigación no campo da modelización molecular e a química cuántica. Estes traballos poden ser tanto de aplicación directa da modelización ao estudo de problemas de interese químico (química orgánica, inorgánica e química física) como ao desenvolvemento de metodoloxías, modelos e software específico. A admisión ao programa de doutoramento realízase habitualmente tras cursar o Mestrado en Química Teórica e Modelización Computacional, aínda que tamén é accesible despois de cursar un máster oficial de carácter científico.

  • Universidades participantes:

Universidade de Vigo

Universidad Autónoma de Madrid (coordinadora)

Univesidad de Oviedo

Universidad de Murcia

Universidad de Valencia

Universidad de Sevilla

Universidad del Pais Vasco

Universidad de Granada

Universidad de Cantabria

Universidad Complutense de Madrid

Universidad Jaume I

Universidad de las Islas Baleares