Estudantes Saíntes

Nesta páxina pódese atopar a información sobre as convocatorias, os prazos e os requisitos para participar nos distintos programas de intercambio nos que participa a Facultade de Química. Así mesmo, inclúense os enlaces ás normativas da Universidade e as que xurdan nas diferentes convocatorias de mobilidade, así como calquera outra nova información xeral ou relevante para os estudantes que queiran realizar un intercambio.

NORMATIVAS

A participación dos estudantes da Facultade de Química nos Programas de Mobilidade ríxese polas seguintes normativas xerais da Universidade de Vigo:

PROGRAMAS DE MOBILIDADE

A continuación pódese atopar información detallada sobre os programas de mobilidade nacionais e internacionais para estudantes saíntes nos que participa a Facultade de Química:

 

PROGRAMA ERASMUS+

¿Qué é o programa ERASMUS+?

Erasmus+ é o programa da Unión Europea para a educación, formación, xuventude e deporte, aprobado para o período 2014-2020.

 

¿Que requisitos deben cumprir os solicitantes?

REQUISITOS XERAIS (consultar a convocatoria)

  • Ser estudante da Unión Europea (ou con residencia permanente) e estar matriculado na Universidade de Vigo.
  • Ter coñecementos da lingua estranxeira necesaria para cursar os estudos. En caso de non posuír ningún documento que acredite o coñecemento do idioma, o solicitante ten a posibilidade de realizar unha proba de nivel a fin de cumprir con este requisito

 

¿Cal é o prazo da convocatoria? (consultar a convocatoria)

Para as estancias do curso 2017/2018 o primeiro prazo de presentación de solicitudes remata o 13 de xaneiro de 2017.

 

¿Como se fai a asignación das prazas?

Asignaranse as prazas por expediente académico (nota media simple segundo a define a Consellería de Educación, DOG, 30 de setembro de 2011) tendo en conta os requisitos de idioma e adaptación do perfil do candidato á universidade de destino.

 

¿Qué materias da Universidade de Vigo se poden cursar como Erasmus?

Calquera materia da Facultade, sempre que sexa acordado antes co Coordinador de Mobilidade de Estudantes, a través da confección do compromiso previo de recoñecemento académico (contrato de estudos), que se elaborará on-line a través de Xescampus ou da plataforma pertinente. Neste contrato se indican as materias a cursar na universidade de destino e as materias da Universidade de Vigo que serán obxecto de recoñecemento, que deben cumprir as seguintes condicións:

  • Un máximo de créditos equivalente a un curso completo (60 ECTS) e un mínimo de 30 ECTS.
  • Só se poden cursar as materias que non se suspenderon en cursos pasados.

 

¿Onde podo atopar máis información?

Na páxina Web da Oficina de Relacións Internacionais (ORI) no apartado Erasmus.

Na Normativa de Libre Mobilidade da Universidade de Vigo

Na Regulamento de Relacións Internacionais da Universidade de Vigo

 

Para coñecer os posibles destinos podes consultar:

- Oferta de Prazas Erasmus+ para a Facultade de Química (Grao / Mestrado / Doutoramento) - Curso 2017/2018

- Oferta de Prazas Erasmus+ para a Universidade de Vigo (Grao) - 2017/2018

 

[Volver]

PROGRAMA ISEP

¿Qué é o programa ISEP?

ISEP (International Student Exchange Programme) é unha rede de máis de 200 universidades de todo o mundo, que ten por obxectivo facilitar a mobilidade física de estudantes dos últimos anos e de posgrao. Grazas a este programa o custo do desenvolvemento dun cuadrimestre ou dun ano académico completo nos EEUU queda reducido a preto dunha décima parte.

 

¿Qué requisitos deben cumprir os solicitantes?

REQUISITOS XERAIS (consultar convocatoria)

  • Estar matriculado/a en 2º, 3º ou 4º cursos dos graos que se ofertan na Universidade de Vigo.
  • Estar en posesión do Test of English as a Foreign Language (TOEFL iBT).

 

¿Cal é o prazo da convocatoria? (consultar convocatoria)

Para as estancias do curso 2017/2018 o prazo de presentación de solicitudes remata o 13 de xaneiro de 2017.

 

¿Quén realiza a selección e cales son os criterios?

A Oficina de Relacións Internacionais e o coordinador ISEP da Universidade de Vigo realizarán a selección dos/das candidatos/as, tendo en conta os expedientes académicos.

Terán preferencia os/as estudantes que solicitan estancias anuais e os que cursan a solicitude por primeira vez.

 

¿Qué materias poden ser validadas?

Calquera materia da Facultade (troncal, obrigatoria u optativa), sempre que fose acordado antes co Coordinador de Mobilidade de Estudantes da Facultade de Química, a través da confección dun compromiso previo de recoñecemento académico (contrato de estudos), no que se indican as materias a cursar na universidade de destino e as materias da Universidade de Vigo que serán obxecto de recoñecemento.

 

¿Onde podo atopar máis información?

Na páxina Web da Oficina de Relacións Internacionais (ORI) no apartado de ISEP.

Na Normativa de Libre Mobilidade da Universidade de Vigo

Na Regulamento de Relacións Internacionais da Universidade de Vigo

 

¿Qué Universidades de destino podo escoller?

A listaxe de universidades de EE.UU. e os enlaces correspondentes están dispoñibles na páxina web de ISEP (http://www.isep.org), dentro da sección International Students.

 

[Volver]

PROGRAMA SICUE

¿Qué é o programa SICUE?

O programa SICUE (Sistema de Intercambio entre Centros Universitarios Españois) é un programa que permite ao estudantado das universidades españolas a realización dunha parte dos seus estudos noutra universidade española distinta da súa con garantías de recoñecemento académicos e aproveitamento, así como de adecuación ao seu perfil curricular.

 

¿Qué requisitos xerais deben cumprir os solicitantes? (consultar convocatoria) 

  • Ter superados un mínimo de 45 ECTS de na mesma tilación de grao.
  • Estar matriculado de, polo menos, 30 créditos.

 

¿Cal é o prazo da convocatoria? (consultar convocatoria)

Para as estancias do curso 2016/2017 o prazo de presentación de solicitudes remata o 10 de marzo de 2016.

 

¿Quen realiza a selección e cales son os criterios?

As solicitudes son tramitadas e seleccionadas polo Servizo de información ao estudante da Universidade de Vigo (SIOPE) que depende da Vicerreitoría de Estudantes. O principal criterio de asignación é o expediente académico. Tamén se puntúa a memoria xustificativa da petición.

 

¿Que materias poden ser validadas?

Calquera materia da Facultade (troncal, obrigatoria ou optativa), sempre que sexa acordado antes co Coordinador de Mobilidade de Estudantes da Facultade de Química, a través da confección dun compromiso previo de recoñecemento académico (contrato de estudos), no cal se indican as materias a cursar na universidade de destino e as materias da Universidade de Vigo que serán obxecto de recoñecemento.

 

¿Onde podo atopar máis información?

IMPORTANTE:

Na páxina web do Servizo de información ao estudante da Universidade de Vigo (SIOPE) no apartado SICUE.

 

Para ver os posibles destinos podes consultar:

- Oferta de Prazas SICUE para o Grao en Química - Curso 2016/2017

- Oferta de Prazas SICUE da Universidade de Vigo - Curso 2016/2017

 

[Volver]

OUTROS PROGRAMAS DE MOBILIDADE

A información acerca de outros programas ou bolsas de mobilidade internacionais (Bolsas propias da Universidade de Vigo, Bolsas Santander, Programa Vulcanus, etc) pode atoparse na páxina web da Oficina de Relacións Internacionais (ORI) da Universidade de Vigo.

 

[Volver]