Oferta de Estudos

GRAO EN QUÍMICA

  • Responsable do título: Ignacio Pérez Juste (Decano)
  • Coordinador do título: Ignacio Pérez Juste (Decano)

 

COORDINADORES DE CURSO (CURSO 2016-2017):

  • 1º Curso de Grao: Marta Teijeira Bautista (qomaca@uvigo.es)
  • 2º Curso de Grao: Manuel Martínez Piñeiro (manumar@uvigo.es)
  • 3º Curso de Grao: José Manuel Leão Martíns (leao@uvigo.es)
  • 4º Curso de Grao: Paulo Pérez Lourido (paulo@uvigo.es)

 

PLANO DE ESTUDOS E MEMORIA DE VERIFICACIÓN DO GRAO EN QUÍMICA:

 

DESCRICIÓN DA TITULACIÓN:

Enlace ao tríptico resumo do Grao en Química

 

Rama de coñecemento: Ciencias
Periodicidade da Oferta: Anual
Duración mínima: 4 anos
Prazas de novo ingreso: 60
Linguas empregadas: castelán, galego e inglés
Réximen de Estudos: Tempo Parcial/Tempo Completo
Modalidade de docencia: Presencial
Número mínimo de créditos ECTS por período lectivo: 24 ECTS por año (12 ECTS por cuatrimestre)

 

Carácter

Créditos ECTS

Formación básica

60

Obrigatorios

150

Optativos

12

Traballo Fin de Grao

18

Totais

240

 

PERFIL DE INGRESO RECOMENDADO:

Aínda que a Facultade de Química non definiu oficialmente un perfil idóneo de acceso á titulación, é moi recomendable ter cursado en segundo de Bacharelato, polo menos, as materias de Química, Física e Matemáticas (sabendo que non sempre é posible, pois non todos os centros de secundaria as fan compatibles). Ademais, aconséllase aos candidatos a ingresar na titulación ter desenvolvido durante os estudos de secundaria a capacidade de abstracción e de razoamento científico, xunto con capacidade de traballo continuado para poder progresar axeitadamente na adquisición de coñecementos e habilidades.

 

ACCESO E ADMISIÓN DE ESTUDANTES:

A admisión de estudantes no grao en Química rexerase polo disposto na lexislación vixente (Artigo 14 do RD 1393/2007). A forma habitual de acceso á Facultade de Química, unha vez superados os estudos de Bacharelato, é a través das Probas de Acceso á Universidade (PAAU) que, no Sistema Universitario de Galicia, xestiona a Comisión Inter-Universitaria de Galicia (CIUG). 

Outras formas de acceso son: Alumnos que cursaron un Ciclo Superior de Formación Profesional (fundamentalmente da rama química, para os que existe un sistema de recoñecemento de créditos) ou alumnos que superaron as probas de acceso para maiores de 25 anos.

Non se requiren condicións ou probas especiais para o acceso de novos alumnos á titulación.

 

SAÍDAS PROFESIONAIS:

O título habilita para o acceso á profesión de químico xa que, a pesares de non existir normas reguladoras para a profesión, requírese un título dun ciclo de estudos postsecundarios dunha duración mínima de 4 anos para o seu exercicio de acordo co establecido no Anexo VIII do R.D. 1837/2008.

Entre as múltiples saídas profesionais pódense destacar:

  • Químicos municipais e provinciais.
  • Químicos de Institutos de Hixiene.
  • Químicos de Aduanas.
  • Químicos de organismos do Estado, provincia ou municipio, monopolios e empresas dependentes, incluso indirectamente, do Estado.
  • Químicos de empresas privadas.
  • Químicos en laboratorios oficiais.
  • Educación secundaria, universitaria e investigación.

 

OBXECTIVOS:

  • Proporcionar aos estudantes unha base sólida e equilibrada de coñecementos químicos e habilidades prácticas.
  • Desenvolver nos estudantes a habilidade para aplicar os seus coñecementos químicos, teóricos e prácticos, á solución de problemas en química.
  • Proporcionar aos estudantes unha base de coñecementos e habilidades para a inserción laboral en áreas especializadas de química ou áreas multidisciplinares.

 

COMPETENCIAS:

COMPETENCIAS TRANSVERSAIS OU XENÉRICAS

O alumno debe ser capaz de:

T1 Comunicarse de forma oral e escrita polo menos nunha das linguas oficias da Universidade.

T2 Comunicase a nivel básico en inglés no ámbito da Química.

T3 Aprender de forma autónoma.

T4 Buscar e xestionar información procedente de distintas fontes.

T5 Utilizar as tecnoloxías da información e das comunicacións e manexar ferramentas informáticas básicas.

T6 Manexar as matemáticas, incluíndo aspectos tales como a análise de erros, estimacións de ordes de magnitude, uso correcto de unidades e modos de presentación de datos.

T7 Aplicar os coñecementos teóricos á práctica.

T8 Traballar en equipo.

T9 Traballar de forma autónoma.

T10 Traballar nun contexto tanto nacional como internacional.

T11 Adaptarse ás novas situacións.

T12 Planificar e xestionar adecuadamente o tempo.

T13 Tomar decisións.

T14 Analizar e sintetizar información para obter conclusións.

T15 Avaliar de modo crítico e construtivo o seu entorno e un mesmo.

T16 Desenrolar un compromiso ético.

T17 Desenrolar preocupación polos aspectos medio ambientais e de xestión da calidade.

T18 Xerar novas ideas e demostrar iniciativa.

 

COMPETENCIAS ESPECÍFICAS

O alumno debe ser capaz de:

C1.1 Demostrar coñecemento e comprensión de feitos esenciais, conceptos, principios e teorías en: aspectos principais da terminoloxía química, nomenclatura, conversións e unidades.

C1.2 Demostrar coñecemento e comprensión de feitos esenciais, conceptos, principios e teorías en: tipos de reaccións químicas e as súas principais características asociadas.

C1.3 Demostrar coñecemento e comprensión de feitos esenciais, conceptos, principios e teorías en: fundamentos e ferramentas empregadas na resolución de problemas analíticos e na caracterización de sustancias químicas.

C1.4 Demostrar coñecemento e comprensión de feitos esenciais, conceptos, principios e teorías en: características dos diferentes estados da materia e as teorías empregadas para describilos.

C1.5 Demostrar coñecemento e comprensión de feitos esenciais, conceptos, principios e teorías en: principios da Mecánica Cuántica e a súa aplicación na descrición da estrutura e as propiedades dos átomos e moléculas.

C1.6 Demostrar coñecemento e comprensión de feitos esenciais, conceptos, principios e teorías en: principios de Termodinámica e as súas aplicacións en Química.

C1.7 Demostrar coñecemento e comprensión de feitos esenciais, conceptos, principios e teorías en: cinética do cambio, incluíndo a catálise e os mecanismos das reaccións.

C1.8 Demostrar coñecemento e comprensión de feitos esenciais, conceptos, principios e teorías en: principais técnicas de investigación estrutural, incluíndo a Espectroscopía.

C1.9 Demostrar coñecemento e comprensión de feitos esenciais, conceptos, principios e teorías en: propiedades características dos elementos e os seus compostos, incluíndo as relaciones entre grupos e as súas variacións na táboa periódica.

C1.10 Demostrar coñecemento e comprensión de feitos esenciais, conceptos, principios e teorías en: propiedades dos compostos alifáticos, aromáticos, heterocíclicos y organo-metálicos.

C1.11 Demostrar coñecemento e comprensión de feitos esenciais, conceptos, principios e teorías en: natureza e comportamento dos grupos funcionais en moléculas orgánicas.

C1.12 Demostrar coñecemento e comprensión de feitos esenciais, conceptos, principios e teorías en: trazos estruturais dos elementos químicos e os seus compostos, incluíndo a estereoquímica.

C1.13 Demostrar coñecemento e comprensión de feitos esenciais, conceptos, principios e teorías en: principais rutas de síntese en Química Orgánica, incluíndo as interconversións de grupos funcionais e a formación dos enlaces carbono-carbono e carbono-heteroátomo.

C1.14 Demostrar coñecemento e comprensión de feitos esenciais, conceptos, principios e teorías en: relación entre propiedades macroscópicas e propiedades de átomos e moléculas individuais, incluíndo as macromoléculas.

C1.15 Demostrar coñecemento e comprensión de feitos esenciais, conceptos, principios e teorías en: Química das moléculas biolóxicas e os seus procesos.

C1.16 Demostrar coñecemento e comprensión de feitos esenciais, conceptos, principios e teorías en: principios e procedementos en Enxeñería Química.

C1.17 Demostrar coñecemento e comprensión de feitos esenciais, conceptos, principios e teorías en: Metroloxía dos procesos químicos, incluíndo a xestión da calidade.

C1.18 Demostrar coñecemento e comprensión de feitos esenciais, conceptos, principios e teorías en: principios de Electroquímica.

C2 Aplicar os coñecementos e a comprensión á resolución de problemas cuantitativos e cualitativos de natureza básica.

C3 Avaliar, interpretar e sintetizar datos e información química.

C4 Recoñecer e implementar boas prácticas científicas de medida e experimentación.

C5 Procesar datos e realizar cálculo computacional relativo á información e datos químicos.

C6 Presentar material e argumentos científicos de xeito oral e escrito a unha audiencia especializada.

C7 Recoñecer e analizar novos problemas e planear estratexias para solucionalos.

P1 Manexar con seguridade sustancias químicas, considerando as súas propiedades físicas e químicas, incluíndo a valoración de calquera risco específico asociado co seu uso.

P2 Realizar procedementos habituais de laboratorio e empregar a instrumentación no traballo sintético e analítico.

P3 Monitorizar, mediante observación e medida das propiedades físicas e químicas, sucesos ou cambios e documentalos e rexistralos de xeito sistemático e fiable.

P4 Interpretar datos derivados das observacións e medicións do laboratorio en térmonos do seu significado e relacionalos coa teoría adecuada.

P5 Demostrar habilidades para os cálculos numéricos e a interpretación dos datos experimentais, con especial énfase na precisión e a exactitude.

 

MATERIAS:

Guías Docentes do Grao en Química - Curso 2016/2017

 

tl_files/quimica/Oferta de estudios/horarios.JPG

 

TRABALLO DE FIN DE GRAO:

O Traballo de Fin de Grao é un traballo de carácter teórico e/ou práctico e/ou de revisión bibliográfica sobre temas relacionados cos contidos do Grao en Química, realizado por un alumno de maneira individual e supervisado por un ou dous titores. O obxectivo da materia Traballo Fin de Grao é ofrecer aos estudantes a oportunidade de aplicar de forma integrada os coñecementos, as habilidades e as competencias adquiridas durante os estudos do título de Grao.

A fase final do traballo consistirá na elaboración e presentación dunha memoria escrita e a exposición e defensa pública dos resultados obtidos diante dun tribunal.

Pódese atopar mais información sobre o Traballo Fin de Grao na Facultade de Química no seguinte enlace.

 

PRÁCTICAS EXTRACURRICULARES:

Ofrécese a posibilidade de realizar prácticas extracurriculares, dacordo coa Normativa de Prácticas Externas da Universidade de Vigo.

Pódese atopar mais información sobre as prácticas extracurriculares no Grao en Química e sobre as empresas onde xa se realizaron ou se poden realizar prácticas en vindeiros cursos no seguinte enlace.

 

EXPEDICIÓN DO SUPLEMENTO EUROPEO AO TÍTULO:

A información relativa á expedición do Suplemento Europeo ao Título (SET) realízase dacordo coa lexislación vixente. A información para a xestión do SET na Universidade de Vigo pode atoparse aquí e tamén pode consultarse o correspondente documento nesta ligazón.

 

RECOÑECEMENTOS/VALIDACIÓNS DA LICENCIATURA EN QUÍMICA AO GRAO EN QUÍMICA DA UNIVERSIDADE DE VIGO:

 

Plano de Estudos da Licenciatura en Química

Plano de Estudos do Grao en Química

Introdución á Química Inorgánica (4,5 Cr)

Química I (6,0 ECTS)

Enlace Químico e Estrutura da Materia (4,5 Cr)

Química II (6,0 ECTS)

Fundamentos de Química Orgánica (4,5 Cr)

Química Analítica (9,0 Cr)

Química Analítica I (9,0 ECTS)

Química Analítica Experimental Básica (4,5 Cr)

2 materias de entre as 3 seguintes:

Laboratorio Integrado I (6,0 ECTS)

Técnicas Básicas no Laboratorio de Química Orgánica (4,5 Cr)

Química Inorgánica Experimental Básica (4,5 Cr)

Química Analítica Experimental Básica (4,5 Cr)

Técnicas Básicas no Laboratorio de Química Orgánica (4,5 Cr) +

Laboratorio Integrado I (6,0 ECTS) + Laboratorio Integrado II (6,0 ECTS)

Química Inorgánica Experimental Básica (4,5 Cr) +

Química Analítica Experimental Básica (4,5 Cr)

Matemáticas (12,0 Cr)

Matemáticas I (6,0 ECTS) + Matemáticas II (6,0 ECTS)

Física (12,0 Cr)

Física I (6,0 ECTS) + Física II (6,0 ECTS)

Ampliación de Física (6,0 Cr)

Física III (6,0 ECTS)

Ampliación de Matemáticas (6,0 Cr)

Métodos Numéricos en Química (6,0 ECTS)

Química Física I (6,0 Cr)

Química Física I (6,0 ECTS)

Química Orgánica (9,0 Cr)

Química Orgánica I (9,0 ECTS)

Experimentación en Síntese Orgánica (7,5 Cr)

Espectroscopía (4,5 Cr)

Química Física II (9,0 ECTS)

Química Física II (4,5 Cr)

Química Física Experimental (4,5 Cr)

Química Inorgánica (9,0 Cr)

Química Inorgánica I (9,0 ECTS)

Experimentación en Síntese Inorgánica (7,5 Cr)

Determinación Estrutural (6,0 Cr)

Determinación Estrutural (6,0 ECTS)

Técnicas Instrumentais en Química Analítica (8,0 Cr)

Química Analítica II (9,0 ECTS)

Principios de Análise Instrumental (10,5 Cr)

Ampliación de Química Orgánica (4,5 Cr)

Química Orgánica II (6,0 ECTS)

Enxeñería Química (7,5 Cr)

Enxeñería Química (9,0 ECTS)

Experimentación en Enxeñería Química (4,5 Cr)

Química Analítica Avanzada (9,0 Cr)

Química Analítica III (6,0 ECTS)

Química Física Avanzada II (4,5 Cr)

Química Física III (9,0 ECTS)

Cinética Química (4,5 Cr)

Técnicas Instrumentais en Química Física (7,5 Cr)

Experimentación en Química Inorgánica (7,5 Cr)

Química Inorgánica II (6,0 ECTS) + Química Inorgánica III (9,0 ECTS)

Química Inorgánica Avanzada (9,0 Cr)

Bioquímica (8,0 Cr)

Química Biolóxica (9,0 ECTS)

Química Orgánica Avanzada (9,0 Cr)

Química Orgánica III (9,0 ECTS)

Experimentación en Química Orgánica (5,5 Cr)

Ciencia de Materiais (6,0 Cr)

Química de Materiais (6,0 ECTS)

 

RECOÑECEMENTOS PARA TITULACIÓNS EN FORMACIÓN PROFESIONAL DE GRAO SUPERIOR

 

  • Ciclo de Grao Superior en Química Industrial
  1. Bioloxía (6 ECTS)
  2. Laboratorio Integrado I (6 ECTS)
  3. Laboratorio Integrado II (6 ECTS)
  4. Materias optativas (12 ECTS)
  • Ciclo de Grao Superior en Laboratorio de Análise e Control de Calidade
  1. Laboratorio Integrado I (6 ECTS)
  2. Laboratorio Integrado II (6 ECTS)
  3. Química I (6 ECTS)
  4. Química II (6 ECTS)
  5. Bioloxía (6 ECTS)
  6. Química Analítica I (9 ECTS)
  7. Materias optativas (12 ECTS)
  • Ciclo de Grao Superior en Química Ambiental
  1. Laboratorio Integrado I (6 ECTS)
  2. Química Ambiental (6 ECTS)