Prácticas curriculares - Facultade de Química

Prácticas curriculares (a partir do curso 2018/2019)

Requisitos para realizar prácticas externas no Grao en Química

De acordo coas normativas de prácticas curriculares do Grao en Química, para realizar prácticas externas curriculares o alumnado do Grao en Química debe cumprir os seguintes requisitos:

a) Estar matriculado na materia correspondente do plan de estudos vixente do Grao en Química.

b) Superar un mínimo de 165 créditos do plan de estudos no momento de formalizar a práctica.

c) Ter o compromiso da entidade colaboradora onde realizará as prácticas de acordo co establecido no artigo 5 da normativa da Facultade de Química.

O procedemento para desenrolar prácticas externas así como para o recoñecemento de prácticas extracurriculares están recollidos en detalle na Normativa de Prácticas Externas do Grao en Química.

 

NOTA IMPORTANTE: Dado que a Normativa de Prácticas Externas do Grao en Química entra en vigor a partir do curso 2018/2019 e a primeira matrícula para a materia Prácticas Externas corresponde a do curso 2018/2019, só poderase solicitar recoñecemento das prácticas extracurriculares realizadas a partir do 3 de setembro do ano 2018.

Prácticas externas no Grao en Química: Información relevante

A Facultade anima aos estudantes do Grao en Química a que tomen a iniciativa de pórse en contacto con aquelas empresas nas que teñan interese en realizar prácticas e que se propoñan como candidatos. Ao elexir as empresas da acordo coas súas preferencias, os estudantes estarán máis motivados durante a realización das prácticas.


O procedemento para que os estudantes propoñan as súas propias prácticas é o seguinte:


1. Elexir unha empresa
: Os estudantes deben escoller unha empresa para facer prácticas de acordo coas súas preferencias, por exemplo, tendo en conta o sector da industria química ao que pertence a empresa ou a localidade na que se atopa.

No seguinte enlace inclúese unha lista orientativa de empresas de distintos sectores que pode facilitar a búsqueda dunha empresa onde realizar prácticas:


Breve listado de empresas do sector químico


O seguinte enlace permite acceder a un buscador dos convenios vixentes entre a Universidade de Vigo e empresas e/ou institucións onde levar a cabo prácticas:


Buscador de convenio UVigo-Institucións


Se algún estudante ten interés nunha empresa ou localidad que non se atope nesta lista, no decanato da Facultade está dispoñible un catálogo detallado de empresas do sector químico de Galicia clasificadas por actividade ou localidade.


2. Preparar unha carta de presentación e un curriculum vitae (CV)
: Os estudantes deben preparar o seu CV e redactar unha carta de presentación especialmente dirixida á empresa elexida. Para a preparación destes documentos os estudantes poden acudir a Área de Emprego e Emprendemento da Universidade de Vigo, que é o servicio de orientación laboral da Universidade, onde se lles prestará apoio nestas tareas e asesoramiento ante calquera dúbida.

Nos seguintes enlaces inclúense uns modelos orientativos de curriculum vitae e de carta de presentación así como unhas recomendacións xerais para a redacción dos mesmos elaboradas por EURES, o portal europeo da mobilidade profesional:


Modelo de Curriculum Vitae


Modelo de Carta de Presentación


Recomendacións para a elaboración do Curriculum Vitae e da Carta de Presentación


3. Contactar coa empresa: Os estudantes deben contactar co servizo de recursos humanos da empresa elexida para comunicar o seu interése en realizar prácticas e entregar o CV e a carta de presentación. Neste punto tamén é convinte solicitar unha entrevista co responsable de recursos humanos. En caso de ser necesario, podedes solicitar axuda no decanato da Facultade para contactar coa empresa.


4. Establecer un convenio coa empresa
: De ser necesario, unha vez que un estudante sexa admitido nunha empresa para a que non existe convenio coa Universidade debe pórse en contacto co decanato da Facultade para levar a cabo os trámites necesarios para que o estudante poda facer prácticas na empresa da súa elección.