Prácticas en empresas

O Real Decreto 592/2014, de 11 de xullo, polo que se regulan as prácticas académicas externas dos estudantes universitarios establece o seguinte:

"Las prácticas académicas externas constituyen una actividad de naturaleza formativa realizada por los estudiantes universitarios y supervisada por las Universidades, cuyo objetivo es permitir a los mismos aplicar y complementar los conocimientos adquiridos en su formación académica, favoreciendo la adquisición de competencias que les preparen para el ejercicio de actividades profesionales, faciliten su empleabilidad y los conocimientos fomenten su capacidad de emprendimiento.
Las prácticas académicas externas serán curriculares y extracurriculares:
a) Las prácticas curriculares se configuran como actividades académicas integrantes del Plan de Estudios de que se trate.
b) Las prácticas extracurriculares, son aquellas que los estudiantes podrán realizar con carácter voluntario durante su periodo de formación y que, aun teniendo los mismos fines que las prácticas curriculares, no forman parte del correspondiente Plan de Estudios. No obstante serán contempladas en el Suplemento Europeo al Título conforme determine la normativa vigente."

A continuación atoparás información sobre o procedemento para realizar prácticas externas extracurriculares na Facultade de Química da Universidade de Vigo.

 


Prácticas extracurriculares

¿Qué son?

Son prácticas externas extracurriculares aquelas que se realizan con carácter voluntario durante o período de formación e que non forman parte do plano de estudos. Sen embargo, si se reflexan no expediente académico da persona que as realiza e, de selo caso, no Suplemento Europeo ao Título.

Na Universidade de Vigo poden realizar prácticas externas extracurriculares os estudantes matriculados en titulacións da Universidade ás que se vinculen as competencias básicas, xenéricas e específicas que se adquirirán na titulación. No caso de estudantes de grao, deberán ter superados o 50% dos créditos necesarios para obter a titulación.

As prácticas externas poden realizarse en entidades colaboradoras, tales como empresas, institucións e entidades, de carácter público ou privado, no ámbito nacional ou internacional. Tamén poden realizarse en dependencias e servizos da propia Universidade de Vigo que non estean destinados á actividade docente. De acordo coa normativa da Universidade de Vigo, podénse realizar ata un máximo de 240 horas de prácticas sin remuneración e, por tanto, sen custo para a empresa.

Para que podan realizarse prácticas externas deberá existir un convenio de cooperación educativa entre as entidades colaboradoras e a Universidade de Vigo. No caso dos servizos da Universidade o convenio substituirase por un acordo escrito interno.

Na Área de Emprego e Empredemento da Universidade de Vigo atópase información actualizada diariamente sobre prácticas externas, así como información sobre a normativa de prácticas externas da Universidade de Vigo e outras informacións de interese para os estudantes na procura de prácticas externas:

Normativa de Prácticas Externas - Universidade de Vigo (Área de Emprego e Emprendemento)


¿Cómo se xestionan as prácticas extracurriculares?

A Fundación Universidade de Vigo (FUVI) encargase da tramitación e xestión das prácticas extracurriculares dos estudantes da Universidade de Vigo.


Hai dous procedementos de xestión das prácticas extracurriculares:

1. A Fundación Universidade de Vigo e/ou a Universidade realizan convocatorias públicas coas ofertas de prácticas propostas polas entidades colaboradoras as que poden presentarse os estudantes: A FUVI fai unha primeira preselección entre os posibles candidatos para garantir o cumprimento das condicións establecidas nas normativas e nas convocatorias e, posteriormente, será a entidade colaboradora a responsable de facer a selección definitiva entre os candidatos admitidos.

2. Os estudantes poden contactar pola sua conta cunha empresa ou institución na que solicitar a realización de prácticas extracurriculares: Neste caso, os estudantes deberán contactar coa Fundación Universidade de Vigo e proporcionar os datos da entidade e da práctica proposta e será a FUVI a que contactará coa empresa para asinar un convenio que permita a incorporación do estudante.

Fundacion Universidade de Vigo http://www.fundacionuvigo.es/

Localización de FUVI (Vigo): Área Comercial, local A12. Campus Universitario de Vigo

 


As Prácticas Extracurriculares na Facultade de Química: Información relevante

A Facultade de Química considera fundamental que os estudantes poidan completar a sua formación teórico-práctica en contextos reais de traballo mediante o contacto con profesionais e que se aproximen ao mundo laboral para preparar a súa futura incorporación ao mismo. Por isto dende a Facultade anímase aos estudantes do Grao en Química a que tomen a iniciativa de pórse en contacto con aquelas empresas nas que teñan interese e se propoñan como candidatos a realizar prácticas. Ao elexir as empresas da acordo coas súas preferencias, os estudantes estarán máis motivados durante a realización das prácticas.


O procedemento para que os estudantes propoñan as súas propias prácticas extracurriculares é o seguinte:


1. Elexir unha empresa
: Os estudantes deben escoller unha empresa para facer prácticas de acordo coas súas preferencias, por exemplo, tendo en conta o sector da industria química ao que pertence a empresa ou a localidade na que se atopa.

No seguinte enlace inclúese unha lista orientativa de empresas de distintos sectores que pode facilitar a búsqueda dunha empresa onde realizar prácticas:


Breve listado de empresas do sector químico


O seguinte enlace permite acceder a un buscador dos convenios vixentes entre a Universidade de Vigo e empresas e/ou institucións onde levar a cabo prácticas extracurriculares:


Buscador de convenio UVigo-Institucións


Se algún estudante ten interés nunha empresa ou localidad que non se atope nesta lista, no decanato da Facultade está dispoñible un catálogo detallado de empresas do sector químico de Galicia clasificadas por actividade ou localidade.


2. Preparar unha carta de presentación e un curriculum vitae (CV)
: Os estudantes deben preparar o seu CV e redactar unha carta de presentación especialmente dirixida á empresa elexida. Para a preparación destes documentos os estudantes poden acudir a Área de Emprego e Emprendemento da Universidade de Vigo, que é o servicio de orientación laboral da Universidade, onde se lles prestará apoio nestas tareas e asesoramiento ante calquera dúbida.

Nos seguintes enlaces inclúense uns modelos orientativos de curriculum vitae e de carta de presentación así como unhas recomendacións xerais para a redacción dos mesmos elaboradas por EURES, o portal europeo da mobilidade profesional:


Modelo de Curriculum Vitae


Modelo de Carta de Presentación


Recomendacións para a elaboración do Curriculum Vitae e da Carta de Presentación


3. Contactar coa empresa: Os estudantes deben contactar co servizo de recursos humanos da empresa elexida para comunicar o seu interése en realizar prácticas e entregar o CV e a carta de presentación. Neste punto tamén é convinte solicitar unha entrevista co responsable de recursos humanos. En caso de ser necesario, podedes solicitar axuda no decanato da Facultade para contactar coa empresa.


4. Establecer un convenio coa empresa
: Unha vez que un estudante sexa admitido na empresa debe pórse en contacto coa Fundación Universidade de Vigo, quen fará os trámites necesarios para que o estudante poda facer prácticas na empresa da súa elección.


Tramitación de prácticas extracurriculares: Información práctica para estudantes e titores

No seguinte enlace inclúese información práctica e recomendacións para que estudantes e titores da Facultade de Química tramiten a documentación relativa as prácticas extracurriculares:


Información para estudantes e titores sobre a tramitación de prácticas extracurriculares