Prácticas extracurriculares - Facultade de Química

Prácticas extracurriculares

Os estudantes do Grao en Química tamén poden realizar prácticas externas extracurriculares, que son aquelas que se realizan con carácter voluntario durante o período de formación e que non forman parte do plano de estudos. Sen embargo, si se reflexan no expediente académico da persona que as realiza e, de selo caso, no Suplemento Europeo ao Título.

Na Universidade de Vigo poden realizar prácticas externas extracurriculares os estudantes matriculados en titulacións da Universidade ás que se vinculen as competencias básicas, xenéricas e específicas que se adquirirán na titulación. No caso de estudantes de grao, deberán ter superados o 50% dos créditos necesarios para obter a titulación.

As prácticas externas poden realizarse en entidades colaboradoras, tales como empresas, institucións e entidades, de carácter público ou privado, no ámbito nacional ou internacional. Tamén poden realizarse en dependencias e servizos da propia Universidade de Vigo que non estean destinados á actividade docente. De acordo coa normativa da Universidade de Vigo, podénse realizar ata un máximo de 240 horas de prácticas sin remuneración e, por tanto, sen custo para a empresa.

Para que podan realizarse prácticas externas deberá existir un convenio de cooperación educativa entre as entidades colaboradoras e a Universidade de Vigo. No caso dos servizos da Universidade o convenio substituirase por un acordo escrito interno.

 

A Fundación Universidade de Vigo (FUVI) encargase da tramitación e xestión das prácticas extracurriculares dos estudantes da Universidade de Vigo.

Fundacion Universidade de Vigo http://www.fundacionuvigo.es/

Localización de FUVI (Vigo): Área Comercial, local A12. Campus Universitario de Vigo

 

Hai dous procedementos de xestión das prácticas extracurriculares:

1. A Fundación Universidade de Vigo e/ou a Universidade realizan convocatorias públicas coas ofertas de prácticas propostas polas entidades colaboradoras as que poden presentarse os estudantes: A FUVI fai unha primeira preselección entre os posibles candidatos para garantir o cumprimento das condicións establecidas nas normativas e nas convocatorias e, posteriormente, será a entidade colaboradora a responsable de facer a selección definitiva entre os candidatos admitidos.

2. Os estudantes poden contactar pola sua conta cunha empresa ou institución na que solicitar a realización de prácticas extracurriculares: Neste caso, os estudantes deberán contactar coa Fundación Universidade de Vigo e proporcionar os datos da entidade e da práctica proposta e será a FUVI a que contactará coa empresa para asinar un convenio que permita a incorporación do estudante.

 


Prácticas externas no Grao en Química: Información relevante

A Facultade anima aos estudantes do Grao en Química a que tomen a iniciativa de pórse en contacto con aquelas empresas nas que teñan interese en realizar prácticas e que se propoñan como candidatos. Ao elexir as empresas da acordo coas súas preferencias, os estudantes estarán máis motivados durante a realización das prácticas.


O procedemento para que os estudantes propoñan as súas propias prácticas é o seguinte:


1. Elexir unha empresa
: Os estudantes deben escoller unha empresa para facer prácticas de acordo coas súas preferencias, por exemplo, tendo en conta o sector da industria química ao que pertence a empresa ou a localidade na que se atopa.

No seguinte enlace inclúese unha lista orientativa de empresas de distintos sectores que pode facilitar a búsqueda dunha empresa onde realizar prácticas:


Breve listado de empresas do sector químico


O seguinte enlace permite acceder a un buscador dos convenios vixentes entre a Universidade de Vigo e empresas e/ou institucións onde levar a cabo prácticas:


Buscador de convenio UVigo-Institucións


Se algún estudante ten interés nunha empresa ou localidad que non se atope nesta lista, no decanato da Facultade está dispoñible un catálogo detallado de empresas do sector químico de Galicia clasificadas por actividade ou localidade.


2. Preparar unha carta de presentación e un curriculum vitae (CV)
: Os estudantes deben preparar o seu CV e redactar unha carta de presentación especialmente dirixida á empresa elexida. Para a preparación destes documentos os estudantes poden acudir a Área de Emprego e Emprendemento da Universidade de Vigo, que é o servicio de orientación laboral da Universidade, onde se lles prestará apoio nestas tareas e asesoramiento ante calquera dúbida.

Nos seguintes enlaces inclúense uns modelos orientativos de curriculum vitae e de carta de presentación así como unhas recomendacións xerais para a redacción dos mesmos elaboradas por EURES, o portal europeo da mobilidade profesional:


Modelo de Curriculum Vitae


Modelo de Carta de Presentación


Recomendacións para a elaboración do Curriculum Vitae e da Carta de Presentación


3. Contactar coa empresa: Os estudantes deben contactar co servizo de recursos humanos da empresa elexida para comunicar o seu interése en realizar prácticas e entregar o CV e a carta de presentación. Neste punto tamén é convinte solicitar unha entrevista co responsable de recursos humanos. En caso de ser necesario, podedes solicitar axuda no decanato da Facultade para contactar coa empresa.


4. Establecer un convenio coa empresa
: De ser necesario, unha vez que un estudante sexa admitido nunha empresa para a que non existe convenio coa Universidade debe pórse en contacto coa Fundación Universidade de Vigo para levar a cabo os trámites necesarios para que o estudante poda facer prácticas na empresa da súa elección.


Tramitación de prácticas extracurriculares: Información práctica para estudantes e titores

No seguinte enlace inclúese información práctica e recomendacións para que estudantes e titores da Facultade de Química tramiten a documentación relativa as prácticas extracurriculares:


Información para estudantes e titores sobre a tramitación de prácticas extracurriculares

 


Prácticas extracurriculares realizadas en cursos anteriores

A continuación atópanse os listados das empresas nas que estudantes do Grao en Química realizaron prácticas extracurriculares nos últimos cursos académicos:

Curso 2017-2018

Curso 2016-2017

Curso 2015-2016

Curso 2014-2015

Curso 2013-2014