Traballo Fin de Grao

O Traballo de Fin de Grao é un traballo de carácter teórico e/ou práctico e/ou de revisión bibliográfica sobre temas relacionados cos contidos do Grao en Química, realizado por un alumno de maneira individual e supervisado por un ou dous titores. O obxectivo da materia Traballo Fin de Grao é ofrecer aos estudantes a oportunidade de aplicar de forma integrada os coñecementos, as habilidades e as competencias adquiridas durante os estudos do título de Grao.

A fase final do traballo consistirá na elaboración e presentación dunha memoria escrita e a exposición e defensa pública dos resultados obtidos diante dun tribunal.

TRABALLO FIN DE GRAO - CURSO 2016/2017

Normativas relacionadas co Traballo Fin de Grao

Charlas Informativas sobre propostas do Traballo de Fin de Grao (Setembro 2016)

Charlas informativas sobre propostas do TFG - Curso 2016-2017 Charlas informativas sobre propostas do TFG - Curso 2016-2017 (218.9 kB)

Calendario para o Traballo de Fin de Grao (3/10/2016)

Calendario do TFG - Curso 2016-2017 Calendario do TFG - Curso 2016-2017 (314.3 kB)

Prazo de presentación de propostas no rexistro do Decanato:
DENDE O MÉRCORES 5 DE OUTUBRE ATA O MÉRCORES 19 DE OUTUBRO as 14:00 horas.

Formulario de solicitude de Traballo Fin de Grao (25/10/2016)

Solicitud_TFG.pdf Solicitud_TFG.pdf (193.0 kB)

Prazo límite de presentación de solicitudes: VENRES 4 DE NOVEMBRO as 14:00 horas no rexistro do Decanato

Asignación definitiva de Traballos Fin de Grao (19/12/2016)

Asignacion_TFG_2016-17_definitiva.pdf Asignacion_TFG_2016-17_definitiva.pdf (216.8 kB)

Control da docencia do Traballo Fin de Grao (19/12/2016)

Control_Docencia_TFG_2016-17.pdf Control_Docencia_TFG_2016-17.pdf (412.6 kB)

Acordos da Comisión de Traballo de Fin Grao (04/05/2017)

Acordos da Comisión do Traballo Fin de Grao (04/05/2017) Acordos da Comisión do Traballo Fin de Grao (04/05/2017) (194.3 kB)

Normas, prazos e documentación para a presentación e defensa dos Traballos Fin de Grao - Información para estudantes e titores (04/05/2017)

Normas_Presentacion_TFG_2016-17.pdf Normas_Presentacion_TFG_2016-17.pdf (359.7 kB)

Criterios de avaliacion do Traballo Fin de Grao (04/05/2017)

Criterios_Avaliacion_TFG_2016-17.pdf Criterios_Avaliacion_TFG_2016-17.pdf (1.1 MB)

* Procedemento en Secretaría Virtual previo á defensa dos TFG

- TITORES

 

1. Comprobar a inclusión dos datos de estudantes e titores na Secretaría Virtual: Os titores de TFG deben comprobar na pestana "Alumnos de TFG" da Secretaría Virtual que estean incluídos os estudantes que estan actualmente tutorizando.

2. Emisión de informes por parte dos titores a través da Secretaría Virtual: O seguinte paso do procedemento consiste na emisión dun "Informe de Conformidade" por parte do titor de TFG. Para emitir este informe os titores deben seguir os pasos que se indican no documento adxunto, que tamén inclúe notas específicas para o TFG na Facultade:

- Informe_Conformidad_Tutores_Instrucciones-SV.pdf

Estes informes son un requisitos que establece o procedemento para que os estudantes poden defender os seus TFG e póidanse xerar as actas individuais de cada un dos TFG.

NOTA: Os titores teñen, ademais, que entregar por escrito en sobre pechado o Informe de Avaliación indicado arriba (Anexo I) no Decanato da Facultade.

* Prazo límite para a presentación dos Informes de Avaliación (por escrito) e de Conformidade (en Secretaría Virtual) do/s Titor/es:

- Para a convocatoria de Xuño:  MARTES 30 DE MAIO DO 2017 as 14:00 horas no rexistro do Decanato

- Para a convocatoria de Xullo:  MARTES 4 DE XULLO DO 2017 as 14:00 horas no rexistro do Decanato

- ESTUDANTES

 

1. Comprobar a inclusión dos datos de estudantes e titores na Secretaría Virtual: Os estudantes de TFG deben comprobar na pestana "Contidos de TFG" de Secretaría Virtual que están correctamente matriculados no TFG deste curso.

2. Solicitude de defensa por parte dos estudantes: Os requisitos para a facer esta solicitude son que que o titor emitise previamente o seu "Informe de Conformidade" a través de Secretaría Virtual e que os estudantes teñan superadas todas as materias do grao (excepto o TFG). Se isto último non sucedeu, a aplicación informática permite continuar coa solicitude de defensa, pero, de acordo coa Normativa de TFG da Facultade, non é posible a defensa do TFG se non se superaron previamente todas as materias do Grao.

As instrucións para solicitar a defensa do TFG na Secretaría Virtual indícanse no documento adxunto e inclúe notas específicas para o TFG na Facultade:

- Solicitud_Defensa_Estudiantes_Instrucciones-SV.pdf

É importante que neste paso se escríba o título do TFG en galego, castelán e inglés, xa que esta información aparecerá no acta individual do TFG.

Unha copia do resgardo que proporciona a Secretaría Virtual debe entregarse por escrito xunto cos exemplares impresos do TFG.

* Prazo límite para a presentación de solicitudes de defensa:

- Para a convocatoria de Xuño:  XOVES 1 DE XUÑO DO 2017 as 14:00 horas no rexistro do Decanato

- Para a convocatoria de Xullo:  XOVES 6 DE XULLO DO 2017 as 14:00 horas no rexistro do Decanato

Tribunais de avaliación dos Traballos Fin de Grao (23/05/2017)

Nomeamento_Tribunales_Evaluacion_TFG_2016-17.pdf Nomeamento_Tribunales_Evaluacion_TFG_2016-17.pdf (276.0 kB)

Asignación dos estudantes aos Tribunais de Avaliación e Datas de Presentación e Defensa

- Datas e ordes das presentacións (Xuño)

Convocatoria_Defensa_TFG_Xuno_2016-17.pdf Convocatoria_Defensa_TFG_Xuno_2016-17.pdf (882.6 kB)

- Datas e ordes das presentacións (Xullo)

Convocatoria_Defensa_TFG_Xullo_2016-17.pdf (1.1 MB)

________________________________________________________________________________________________________________________

Traballo Fin de Grao (Cursos anteriores)