Traballo Fin de Grao - Facultade de Química

Traballo Fin de Grao

O Traballo de Fin de Grao é un traballo de carácter teórico e/ou práctico e/ou de revisión bibliográfica sobre temas relacionados cos contidos do Grao en Química, realizado por un alumno de maneira individual e supervisado por un ou dous titores. O obxectivo da materia Traballo Fin de Grao é ofrecer aos estudantes a oportunidade de aplicar de forma integrada os coñecementos, as habilidades e as competencias adquiridas durante os estudos do título de Grao.

A fase final do traballo consistirá na elaboración e presentación dunha memoria escrita e a exposición e defensa pública dos resultados obtidos diante dun tribunal.

TRABALLO FIN DE GRAO - CURSO 2018/2019

Normativas relacionadas co Traballo Fin de Grao

Charlas Informativas sobre propostas do Traballo de Fin de Grao (Setembro 2018)

Charlas informativas sobre propostas do TFG - Curso 2018-2019 Charlas informativas sobre propostas do TFG - Curso 2018-2019 (229.4 kB)

Calendario para o Traballo de Fin de Grao (26/09/2018)

Calendario do TFG - Curso 2018-2019 Calendario do TFG - Curso 2018-2019 (318.4 kB)

Prazo de presentación de propostas no rexistro do Decanato:
DENDE O MÉRCORES 3 DE OUTUBRE ATA O MÉRCORES 17 DE OUTUBRO as 14:00 horas.

Formulario de solicitude de Traballo Fin de Grao (22/10/2018)

Solicitud_TFG.pdf Solicitud_TFG.pdf (193.0 kB)

Prazo límite de presentación de solicitudes: LUNS 5 DE NOVEMBRO as 14:00 horas no rexistro do Decanato

Asignación provisional de Traballos Fin de Grao (05/11/2018)

Asignacion_TFG_2018-19_provisional.pdf Asignacion_TFG_2018-19_provisional.pdf (363.1 kB)

Prazo límite de reclamacións: LUNS 19 DE NOVEMBRO as 14:00 horas no rexistro do Decanato

________________________________________________________________________________________________________________________

* Procedemento en Secretaría Virtual previo á defensa dos TFG

- TITORES

 

1. Comprobar a inclusión dos datos de estudantes e titores na Secretaría Virtual: Os titores de TFG deben comprobar na pestana "Alumnos de TFG" da Secretaría Virtual que estean incluídos os estudantes que estan actualmente tutorizando.

2. Emisión de informes por parte dos titores a través da Secretaría Virtual: O seguinte paso do procedemento consiste na emisión dun "Informe de Conformidade" por parte do titor de TFG. Para emitir este informe os titores deben seguir os pasos que se indican no documento adxunto, que tamén inclúe notas específicas para o TFG na Facultade:

- Informe_Conformidad_Tutores_Instrucciones-SV.pdf

Estes informes son un requisitos que establece o procedemento para que os estudantes poden defender os seus TFG e póidanse xerar as actas individuais de cada un dos TFG.

NOTA: Os titores teñen, ademais, que entregar por escrito en sobre pechado o Informe de Avaliación indicado arriba (Anexo I) no Decanato da Facultade.

- ESTUDANTES

 

1. Comprobar a inclusión dos datos de estudantes e titores na Secretaría Virtual: Os estudantes de TFG deben comprobar na pestana "Contidos de TFG" de Secretaría Virtual que están correctamente matriculados no TFG deste curso.

2. Solicitude de defensa por parte dos estudantes: Os requisitos para a facer esta solicitude son que que o titor emitise previamente o seu "Informe de Conformidade" a través de Secretaría Virtual e que os estudantes teñan superadas todas as materias do grao (excepto o TFG). Se isto último non sucedeu, a aplicación informática permite continuar coa solicitude de defensa, pero, de acordo coa Normativa de TFG da Facultade, non é posible a defensa do TFG se non se superaron previamente todas as materias do Grao.

As instrucións para solicitar a defensa do TFG na Secretaría Virtual indícanse no documento adxunto e inclúe notas específicas para o TFG na Facultade:

- Solicitud_Defensa_Estudiantes_Instrucciones-SV.pdf

É importante que neste paso se escríba correctamente o título do TFG en galego, castelán e inglés, cumprindo as seguinte condicións:

- Escribir o mesmo texto nos tres idiomas
- Sen faltas de ortografía
- Con puntuación correcta
- Evitando símbolos (nunca comiñas ao comenzo e final do título)
- Evitando siglas e abreviaturas, a no ser que sexa estrictamente necesario
- Escribindo en maiúsculas só a palabra de inicio do título e os nomes propios

Estas recomendacións son importantes porque a información sobre o título do TFG aparecerá no acta individual do TFG e evitaránse incidencias no momento de tramitar o Suplemento Europeo do Título (SET) dos graduados.

Unha copia do resgardo que proporciona a Secretaría Virtual debe entregarse por escrito xunto cos exemplares impresos do TFG.

________________________________________________________________________________________________________________________

Asignación dos estudantes aos Tribunais de Avaliación e Datas de Presentación e Defensa

* Convocatoria de Fin de Carreira (2018/2019)

Asignacion_Estudantes-Tribunales-TFG_FinCarrera_2018-19.pdf (207.0 kB)

- Datas e ordes das presentacións (Fin de Carreira)

Convocatoria_Defensa_TFG_FinCarrera_2018-19.pdf (281.6 kB)

________________________________________________________________________________________________________________________

Traballo Fin de Grao (Cursos anteriores)