Prácticas en empresas - Facultade de Química

Prácticas externas

As prácticas académicas externas constitúen unha actividade formativa realizada polo alumnado do Grao en Química en entidades externas á Universidade. O seu obxectivo é complementar e aplicar os coñecementos adquiridos na formación teórico-práctica en contextos reais de traballo mediante o contacto con profesionais do sector químico e favorecer a adquisición de competencias que preparen aos estudantes para o exercicio profesional e faciliten a súa futura incorporación ao mundo laboral.

As prácticas académicas externas poden ser de dous tipos:

a) Prácticas externas curriculares: Son unha actividade académica integrada no plano de estudios do Grao en Química como unha materia optativa de 6 créditos ECTS ofertada no segundo cuadrimestre do último curso do Grao. Esta materia é de nova oferta no curso 2018/2019.

b) Prácticas externas extracurriculares: Son aquelas que os estudantes poderán realizar con carácter voluntario durante o seu período de formación e que, aínda tendo os mesmos fins que as prácticas curriculares, non forman parte do correspondente Plan de Estudos. Con todo, serán contempladas no Suplemento Europeo ao Título conforme determine a normativa vixente.

Normativas das prácticas externas no Grao en Química

As normativas de aplicación para as prácticas externas no Grao en Química son as seguintes:

a) Normativa de Prácticas Externas do Grao en Química, aprobada en Xunta de Facultade o 26 de xullo de 2018.

b) Resolucións reitorais do 21 de febreiro de 2013 que establecen o procedemento para a realización de prácticas académicas externas curriculares e extracurriculares na Universidade de Vigo.

c) Regulamento de prácticas académicas externas do alumnado da Universidade de Vigo aprobado en Consello de Goberno o 24 de maio de 2012.

d) Real Decreto 592/2014, do 11 de xullo, polo que se regulan as prácticas académicas externas dos estudantes universitarios.

Información adicional

A Área de Emprego e Empredemento da Universidade de Vigo proporciona información actualizada sobre oferta de prácticas externas, así como información sobre as normativas de prácticas externas da Universidade de Vigo e outras informacións de interese para os estudantes na procura de prácticas externas: