Se estas interesado en estudar Química na Universidade de Vigo, na seguinte ligazón atoparás información do Grao en Química.

Ademais, as portas da Facultade de Química están permanentemente abertas para calquera futuro estudante interesado en aprender Química. Unha das principais actividades do Plan de Promoción da Facultade de Química son as visitas de estudantes de centros de Educación Secundaria realizan á Facultade de Química. Nestas visitas os estudantes reciben unha breve presentación sobre os estudos de Grao e a continuación van a distintos laboratorios da Facultade onde realizan e/ou se lles amosan distintas experiencias que pretenden espertar o seu interese pola Química.

A Facultade de Química tamén participa na impartición de Charlas de Orientación e Charlas Divulgativas dirixidas ao estudantado de Ensino Secundario coa fin de aumentar o interese polas ciencias e, en particular, pola Química, asi como divulgar a oferta formativa do centro e aumentar o nivel de coñecemento que os distintos sectores da educación e da sociedade teñen da nosa Facultade.

Se tés algunha dúbida, cuestión ou se queres poñerte en contacto con nós, podes facelo empregando o formulario de contacto.