Plan de Estudos do Grao en Química
Materia | Cuadrimestre | ECTS |
---|---|---|
Bioloxía: bioloxía | 1º | 6 |
Física: física I | 1º | 6 |
Matemáticas: matemáticas I | 1º | 6 |
Química: química I | 1º | 6 |
Química: laboratorio de química I | 1º | 6 |
Xeoloxía: xeoloxía | 2º | 6 |
Física: física II | 2º | 6 |
Matemáticas: matemáticas II | 2º | 6 |
Química: química II | 2º | 6 |
Química: laboratorio de química II | 2º | 6 |
Materia | Cuadrimestre | ECTS |
---|---|---|
Bioquímica | 1º | 6 |
Química analítica I: principios de química analítica | 1º | 6 |
Química física I: termodinámica química | 1º | 6 |
Química inorgánica I | 1º | 6 |
Química orgánica I | 1º | 6 |
Determinación estrutural | 2º | 6 |
Química analítica II: métodos ópticos de análise | 2º | 6 |
Química física II: superficies e coloides | 2º | 6 |
Química inorgánica II | 2º | 6 |
Química orgánica II | 2º | 6 |
Materia | Cuadrimestre | ECTS |
---|---|---|
Enxeñaría química | 1º | 6 |
Química analítica III: métodos electroanalíticos e separacións | 1º | 6 |
Química física III: química cuántica | 1º | 6 |
Química inorgánica III: química de coordinación | 1º | 6 |
Química orgánica III: reaccións concertadas, radicalarias e fotoquímicas | 1º | 6 |
Química analítica IV: métodos cromatográficos e afíns | 2º | 6 |
Química física IV: estrutura molecular e espectroscopia | 2º | 6 |
Química física V: cinética química | 2º | 6 |
Química inorgánica IV: metais de transición e estado sólido | 2º | 6 |
Química orgánica IV: deseño da síntese orgánica | 2º | 6 |
Materia | Cuadrimestre | ECTS |
---|---|---|
Proxecto | 1º | 6 |
Química de materiais | 1º | 6 |
Traballo de Fin de Grao | 2º | 18 |
As materias do plan de estudos do Grao en Química distribúense en cinco módulos.
- O Módulo Básico impártese durante o primeiro curso do Grao e inclúe 60 créditos ECTS de materias de formación básica para que o alumnado adquira, partindo de coñecementos previos dun nivel correspondente a bacharelato, unha formación básica en ciencias, con maior énfase en Química, que lle permita comprender e adquirir os coñecementos e habilidades a desenvolver en módulos máis especializados.
- O Módulo Fundamental está constituído por 108 créditos ECTS obrigatorios que conforman o núcleo esencial da Química e que abarcan as materias de Química Analítica, Química Física, Química Inorgánica e Química Orgánica. Estas materias impártense en materias de 6 ECTS, distribuídas de maneira homoxénea ao longo dos cursos segundo e terceiro, xa que se considera que esta distribución facilita a adquisición das competencias polos/ as estudantes.
- O Módulo Complementario de 24 ECTS de carácter obrigatorio inclúe materias estreitamente relacionadas coa Química como Enxeñería Química, Bioquímica e Química de Materiais. Seguindo as recomendacións do Libro Branco da ANECA, neste módulo tamén se inclúe a materia Proxecto, xa que se considera que unha das atribucións profesionais dos químicos é redactar e executar proxectos relacionados coa Química. As materias deste módulo desenvólvense nos cursos segundo e terceiro e o primeiro cuadrimestre de cuarto curso.
- O Módulo Traballo de Fin de Grao atópase no segundo cuadrimestre de cuarto curso e dedícase á realización do Traballo de Fin de Grao cuxo obxecto é demostrar, de forma integrada, que se adquiriron as competencias propias do graduado en Química. O Traballo de Fin de Grao establécese en 18 ECTS de carácter obrigatorio, o que tamén permite aspirar a solicitar a etiqueta de EuroBachelor en Química para o título.
- O Módulo Optativo distribúese entre os dous cuadrimestres de cuarto curso e permite ao alumno a posibilidade de cursar 30 ECTS en materias optativas para profundar e ampliar coñecementos e competencias en aspectos máis especializados da Química. Como se indicou anteriormente, neste módulo inclúese a posibilidade de realizar prácticas externas que permitirán que os alumnos establezan un primeiro contacto co ámbito laboral co obxectivo de potenciar a súa empregabilidade. As materias optativas organizáronse en dous itinerarios, que darán a posibilidade ao alumno obter unha entre dúas mencións. Por unha banda, os contidos da mención “Química Avanzada” están orientados a profundar en aspectos avanzados da Química e a presentar aos perfís profesionais máis relacionados coa docencia e a investigación. Doutra banda, a mención “Química Aplicada” profunda naqueles contidos químicos aplicados á industria e aspectos máis aplicados da Química e complementa a formación dos futuros graduados en aspectos profesionais. Debe indicarse aquí que tamén se proporciona a posibilidade de que os alumnos non opten por ningunha mención e escollan 30 ECTS de materias optativas sen cinguirse a ningún patrón específico.
Mencións
Os itinerarios para cada unha as mencións indicadas inclúen as seguintes materias.
Mención “Química Avanzada” (30 ECTS): Neste itinerario deben cursar 24 ECTS propios da mención que se distribúen nas seguintes materias:
- Ampliación de Química Analítica (6 ECTS)
- Nanoquímica (6 ECTS)
- Química Organometálica (6 ECTS)
- Síntese Estereoselectiva de Compostos Bioactivos (6 ECTS)
O alumnado poderá escoller os 6 ECTS optativos restantes dentro dunha oferta común de materias optativas para ambas as mencións e en función das compatibilidades horarias.
Mención “Química Aplicada” (30 ECTS): Neste itinerario deben cursar 18 ECTS propios da mención que se distribúen nas seguintes materias:
- Calidade nos Laboratorios Analíticos (6 ECTS)
- Química Industrial (6 ECTS)
- Prácticas Externas (6 ECTS)
O alumnado poderán escoller os 12 ECTS optativos restantes dentro dunha oferta común de materias optativas para ambas as mencións e en función das compatibilidades horarias.
Opción “Sen mención” (30 ECTS): Nesta posibilidade, o alumnado poderá escoller os 30 ECTS optativos entre a totalidade da oferta de materias optativas en función das compatibilidades horarias.