A política de calidade da Facultade de Química deriva da importancia que ten consolidar unha cultura de calidade no ámbito universitario, da súa consideración coma un factor determinante para acadar a satisfacción das expectativas formativas das súas egresadas e egresados e o seu recoñecemento nos ámbitos académicos, profesionais e sociais nos que se integran. Para iso existe o compromiso en emplear todos os recursos humanos e materiais dispoñibles dentro do cumprimento da normativa vixente e en coherencia cós criterios e directrices establecidos.

Así se establecen as seguintes liñas xerais que constitúen a política de calidade do centro:

  • Manter unha oferta formativa axustada ás demandas, necesidades e expectativas da sociedade, para consolidar altos niveis de calidade nas súas titulacións, sen renunciar aos fundamentos académicos da universidade baseados no desenvolvemento do coñecemento do espíritu crítico, da capacidade de análise e de reflexión.
  • Acadar o recoñecemento a nivel nacional e internacional da calidade docente a través da consecución das metas asociadas a indicadores académicos con especiais relevancias aquelas que se relacionan coa satisfacción dos grupos de interese.
  • Facilitar a extensión da cultura da calidade e a formación continua en materia de calidade do persoal docente e investigador, persoal de administración e servizos e do alumnado, fomentando a eficacia e continuidade dos sistemas e procesos a ela vinculados.
  • Asegurar a implantación, desenvolvemento e seguimento tanto do Sistema de Garantía de Calidade (SGC) coma de todos os procesos vencellados coa calidade que afectan ao centro e ás súas titulacións.
  • Asegurar unha docencia, investigación, xestión e transferencia do coñecemento con perspectiva de xénero para remover os obstáculos que impiden unha igualdade real entre as mulleres e os homes.
  • Acadar un compromiso permanente de mellora continua coma norma de conducta, e propoñer e levar a cabo as accións necesarias para o mantemento e mellora da calidade.

Sobre esos eixes, a facultade define dez obxectivos de calidade:

  • Adaptar a oferta formativa á demanda sen renunciar aos fundamentos académicos da Universidade.
  • Adaptar o perfil de ingreso do alumnado ao perfil requerido.
  • Captar un volume de estudantado axustado á oferta de prazas.
  • Difundir a oferta formativa.
  • Mellorar a planificación e desenvolvemento da titulación.
  • Mellorar os resultados académicos das titulacións.
  • Xestionar de forma efectiva os programas formativos.
  • Mellorar a cualificación do PDI e do PAS.
  • Mellorar a satisfacción dos grupos de interés.
  • Certificación da implantación do sistema de calidade do centro.

Obxectivos de calidade

Procesos
Proced.
Obxectivos Indicadores Meta graos Meta mestrados
AC
AC-0104 P1
AC-0201 P1
AC-0401 P1
DO
DO-0202 P1
Adaptar a oferta formativa á demanda sen renunciar aos fundamentos académicos da Universidade.
Adaptar o perfil de ingreso do alumnado ao perfil requirido.
Captar un volume de estudantado axustado á oferta de prazas.
Difundir a oferta formativa.
Evolución do estudantado matriculado en cada curso académico Manter ou incrementar
Ocupación da titulación 100% – 105%
Preferencia 90% – 100%
Adecuación 70% – 80%
Nota mínima de acceso do estudantado ao título 7 > 8.51
DO
DO-0201 P1
Mellorar os resultados académicos das titulacións. Duración media dos estudios 4 – 5 1 – 1.5
Taxa de rendemento > 80%
Taxa de abandono < 15% < 5%
Taxa de eficiencia 90%
Taxa de graduación 90%
Taxa de éxito 80%
Xestionar de forma efectiva os programas formativos. Seguimento das titulacións 100%
Acreditación das titulacións 100%
PE
PE-01 P1
PE-02 P1
Mellorar a cualificación do PDI e do PAS. Cualificación do PDI 70% – 80%
Resultados de investigación de carácter académico > 70%
% de PAS en programas de formación > 80%
MC
MC-05 P1
Mellorar a satisfacción dos grupos de interese. Grao de satisfacción das persoas tituladas > 3.5 sobre 5
Grao de satisfacción das empresas empregadoras > 3 sobre 5
Grao de satisfacción do profesorado > 3.5 sobre 5
Grao de satisfacción do alumnado > 3 sobre 5
DE
DE-02 P1
Certificación da implantación do SGC do centro. Certificación da implantación de sistemas de calidade manter a certificación