A política de calidade do centro deriva da importancia que ten consolidar unha cultura de calidade no ámbito universitario, da súa consideración como un factor determinante para conseguir a satisfacción das expectativas formativas das súas persoas egresadas e o seu recoñecemento nos ámbitos académicos, profesionais e sociais nos que se integran.

Para iso existe o compromiso de empregar todos os recursos humanos e materiais dispoñibles dentro do cumprimento da normativa vixente e en coherencia cos criterios e coas directrices fixadas. Así establécense as seguintes liñas xerais que constitúen a política de calidade do centro:

  • Desenvolver unha actividade académica e formativa ligada ás necesidades e expectativas da sociedade para consolidar altos niveis de calidade nas titulacións sen renunciar aos fins da Universidade de Vigo
  • Manter unha oferta formativa axustada ás demandas, necesidades e expectativas da sociedade, para consolidar altos niveis de calidade nas súas titulacións, sen renunciar aos fundamentos académicos da universidade baseados no desenvolvemento do coñecemento do espírito crítico, da capacidade de análise e de reflexión
  • Facilitar a extensión da cultura da calidade e a formación continua en materia de calidade do persoal docente e investigador, persoal de administración e servizos e do alumnado, fomentando a eficacia e continuidade dos sistemas e procesos a ela vinculados
  • Acadar o recoñecemento a nivel nacional e internacional da calidade docente a través da consecución das metas asociadas a indicadores académicos con especiais relevancias aquelas que se relacionan coa satisfacción dos grupos de interese
  • Acadar un compromiso de mellora continua coma norma de conducta, e propoñer e levar a cabo as accións necesarias para o mantemento e mellora da calidade
  • Asegurar a implantación, desenvolvemento e seguimento tanto do Sistema de Garantía de Calidade (SGC) coma de todos os procesos vencellados coa calidade que afectan ao centro e ás súas titulacións
  • Desenvolver mecanismos que permitan atender ás necesidades dos grupos de interese e mellorar a súa satisfacción respecto das actividades desenvolvidas no marco das titulacións e o centro

Sobre esos eixes, a facultade define dez obxectivos de calidade:

  • Promover unha oferta de grao e de posgrao plurilingüe, sostible e de calidade contrastada, tanto presencial coma en liña, en consonancia coa demanda da contorna
  • Desenvolver unha oferta de titulacións propias, tanto presencial coma en liña, que responda ás necesidades da contorna
  • Captar estudantado con talento e garantir o acceso universal á educación pública universitaria
  • Potenciar o recoñecemento dunha actividade docente de calidade e establecer mecanismos de innovación docente e de mellora continua na formación do profesorado
  • Captar PDI e PAS con talento
  • Mellorar a imaxe interna e o posicionamento nacional e internacional da Universidade de Vigo
  • Mellorar e xestionar de forma eficiente e sostible as infraestruturas universitarias
  • Coidar o desenvolvemento persoal e profesional da comunidade universitaria

 

Política e obxectivos de calidade