A plantilla docente da Facultade de Química está integrada por máis de 60 profesores/as permanentes e arredor de 10 docentes-investigadores contratados baixo outras figuras (investigadores Ramón y Cajal, investigadores da Xunta de Galicia e bolseiros). Máis do 95% da plantilla ten o título de Doutor e a totalidade está vinculado a tempo completo coa universidade.
Información detallada do profesorado
Perfil do profesorado
No seguintes enlaces atópase información sobre o perfil do profesorado que imparte docencia no Grao en Química. Inclúese o número de profesores por categoría, un conxunto de indicadores básicos (porcentaxe de profesorado doutor, información sobre a estabilidade do profesorado, quinquenios e sexenios) e a distribución do profesorado en función da súa categoria en cada curso do Grao e en cada unha das materias do título.
Perfil do profesorado por curso:
2021/2022 | 2020/2021 | 2019/2020 | 2018/2019 | 2017/2018 | 2016/2017 | 2015/2016 | 2014/2015 | 2013/2014 | 2012/2013