As prácticas académicas externas constitúen unha actividade formativa realizada polo estudantado do Grao en Química en entidades externas á universidade.
O seu obxectivo é complementar e aplicar os coñecementos adquiridos na formación teórico-práctica en contextos reais de traballo mediante o contacto con profesionais do sector químico e favorecer a adquisición de competencias que os preparen para o exercicio profesional e faciliten a súa futura incorporación ao mundo laboral.
As prácticas académicas externas poden ser de dous tipos:
- Prácticas externas curriculares: son unha actividade académica integrada no plano de estudos do Grao en Química como unha materia optativa de 6 créditos ECTS ofertada no segundo cuadrimestre do último curso do grao.
- Prácticas externas extracurriculares: son aquelas que o estudantado poderá realizar con carácter voluntario durante o seu período de formación e que, aínda tendo os mesmos fins que as prácticas curriculares, non forman parte do correspondente plan de estudos. Con todo, serán contempladas no suplemento europeo ao título (SET) conforme determine a normativa vixente.
Normativa
As normativas de aplicación para as prácticas externas no Grao en Química son as seguintes:
- Normativa de prácticas externas do Grao en Química
- Regulamento de prácticas académicas externas do estudantado da Universidade de Vigo
- Instrucións sobre o procedemento para a realización das prácticas académicas externas
- Real Decreto 592/2014, do 11 de xullo, polo que se regulan as prácticas académicas externas do estudantado universitario
2021/2022 | 2020/2021 | 2019/2020 | 2018/2019 | 2017/2018 | 2016/2017 | 2015/2016 | 2014/2015 | 2013/2014
Coordinación de prácticas
María Isela Lavilla Beltrán
+34 986 812 291
Angeles Peña Gallego
+34 986 812 696
Máis información
Área de Emprego e Emprendemento
+34 986 818 710