A xornada, moi lúdica, terá lugar o día 13 de xuño e, como se pode ver no horario proposto, consta fundamentalmente de dúas partes:
- Xincana/Escape Room de temática química: a través de diferentes probas distribuídas pola Facultade de Química e arredores, o alumnado demostrará as súas habilidades tanto químicas como de lóxica e traballo en equipo.
- Prácticas nos laboratorios docentes da Facultade de Química: os participantes traballarán nun laboratorio real e realizarán de forma autónoma prácticas adaptadas á súa idade e coñecementos.
Plan da Xornada é:
- 9:30 h: recepción dos participantes na Facultade de Química.
- 10:00 h: xincana.
- 11:30 h: proba por equipos nos laboratorios da Facultade de Química.
- 13:00 h: merenda e entrega de diplomas e premios.
Cada centro educativo poderá inscribir un máximo de entre 6 e 10 estudantes de 3º e 4º da ESO, segundo o alumnado que teña nestes cursos. A inscrición farase a través de este formulario: https://forms.gle/opzhv6yJKrWwZYUSA e o prazo de inscrición será do 15 de maio ao 31 de maio.