Os itinerarios para cada unha das mencións indicadas inclúen as seguintes materias.
Mención “Química Avanzada” (30 ECTS)
Neste itinerario deben cursar 24 ECTS propios da mención que se distribúen nas seguintes materias:
- Ampliación de Química Analítica (6 ECTS)
- Nanoquímica (6 ECTS)
- Química Organometálica (6 ECTS)
- Síntese Estereoselectiva de Compostos Bioactivos (6 ECTS)
O estudantado poderá escoller os 6 ECTS optativos restantes dentro dunha oferta común de materias optativas para ambas as mencións e en función das compatibilidades horarias.
Mención “Química Aplicada” (30 ECTS)
Neste itinerario deben cursar 18 ECTS propios da mención que se distribúen nas seguintes materias:
- Calidade nos Laboratorios Analíticos (6 ECTS)
- Química Industrial (6 ECTS)
- Prácticas Externas (6 ECTS)
O estudantado poderá escoller os 12 ECTS optativos restantes dentro dunha oferta común de materias optativas para ambas as mencións e en función das compatibilidades horarias.
Opción “Sen mención” (30 ECTS)
Nesta posibilidade, o estudantado poderá escoller os 30 ECTS optativos entre a totalidade da oferta de materias optativas en función das compatibilidades horarias.