Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

Esquema xeral

Tipo de materia Créditos a cursar Créditos ofertados
Formación básica 60 60
Obrigatorias 132 132
Optativas 30 114
Traballo fin de Grao 18 18
Total 240 322

 

Resumo do plan de estudos

O Módulo Básico impártese durante o primeiro curso do Grao e inclúe 60 créditos ECTS de materias de formación básica para que o alumnado adquira, partindo de coñecementos previos dun nivel correspondente a bacharelato, unha formación básica en ciencias, con maior énfase en Química, que lle permita comprender e adquirir os coñecementos e habilidades a desenvolver en módulos máis especializados.

Materia ECTS Tipo Curso Cuadrimestre
Bioloxía 6 FB 1º 1º
Física I 6 FB 1º 1º
Matemáticas I 6 FB 1º 1º
Química I 6 FB 1º 1º
Laboratorio de Química I 6 FB 1º 1º
Xeoloxía 6 FB 1º 2º
Física II 6 FB 1º 2º
Matemáticas II 6 FB 1º 2º
Química II 6 FB 1º 2º
Laboratorio de Química II 6 FB 1º 2º

O Módulo Fundamental está constituído por 108 créditos ECTS obrigatorios que conforman o núcleo esencial da Química e que abarcan as materias de Química Analítica, Química Física, Química Inorgánica e Química Orgánica. Estas materias impártense en materias de 6 ECTS, distribuídas de maneira homoxénea ao longo dos cursos segundo e terceiro, xa que se considera que esta distribución facilita a adquisición das competencias polo estudantado.

Materia ECTS Tipo Curso Cuadrimestre
Química analítica I: principios de química analítica 6 OB 2º 1º
Química física I: termodinámica química 6 OB 2º 1º
Química inorgánica I 6 OB 2º 1º
Química orgánica I 6 OB 2º 1º
Determinación estrutural 6 OB 2º 2º
Química analítica II: métodos ópticos de análise 6 OB 2º 2º
Química física II: superficies e coloides 6 OB 2º 2º
Química inorgánica II 6 OB 2º 2º
Química orgánica II 6 OB 2º 2º
Química analítica III: métodos electroanalíticos e separacións 6 OB 3º 1º
Química física III: química cuántica 6 OB 3º 1º
Química inorgánica III: química de coordinación 6 OB 3º 1º
Química orgánica III: reaccións concertadas, radicalarias e fotoquímicas 6 OB 3º 1º
Química analítica IV: métodos cromatográficos e afíns 6 OB 3º 2º
Química física IV: estrutura molecular e espectroscopia 6 OB 3º 2º
Química física V: cinética química 6 OB 3º 2º
Química inorgánica IV: metais de transición e estado sólido 6 OB 3º 2º
Química orgánica IV: deseño da síntese orgánica 6 OB 3º 2º

O Módulo Complementario de 24 ECTS de carácter obrigatorio inclúe materias estreitamente relacionadas coa Química como Enxeñaría Química, Bioquímica e Química de Materiais. Seguindo as recomendacións do Libro Branco da ANECA, neste módulo tamén se inclúe a materia Proxecto, xa que se considera que unha das atribucións profesionais dos químicos é redactar e executar proxectos relacionados coa Química. As materias deste módulo desenvólvense nos cursos segundo e terceiro e o primeiro cuadrimestre de cuarto curso.

Materia ECTS Tipo Curso Cuadrimestre
Bioquímica 6 OB 2º 1º
Enxeñaría química 6 OB 3º 1º
Proxecto 6 OB 4º 1º
Química de materiais 6 OB 4º 1º

O Módulo Optativo distribúese entre os dous cuadrimestres de cuarto curso e permite ao alumno a posibilidade de cursar 30 ECTS en materias optativas para profundar e ampliar coñecementos e competencias en aspectos máis especializados da Química. Como se indicou anteriormente, neste módulo inclúese a posibilidade de realizar prácticas externas que permitirán que os alumnos establezan un primeiro contacto co ámbito laboral co obxectivo de potenciar a súa empregabilidade. As materias optativas organizáronse en dous itinerarios, que darán a posibilidade ao alumno obter unha entre dúas mencións. Por unha banda, os contidos da mención “Química Avanzada” están orientados a profundar en aspectos avanzados da Química e a presentar aos perfís profesionais máis relacionados coa docencia e a investigación. Doutra banda, a mención “Química Aplicada” profunda naqueles contidos químicos aplicados á industria e aspectos máis aplicados da Química e complementa a formación dos futuros graduados en aspectos profesionais. Debe indicarse aquí que tamén se proporciona a posibilidade de que os alumnos non opten por ningunha mención e escollan 30 ECTS de materias optativas sen cinguirse a ningún patrón específico.

Materia ECTS Tipo Curso Cuadrimestre
Sistemas de Navegación 6 OP 4º 2º
Nanoquímica 6 OP 4º 1º
Química organometálica 6 OP 4º 1º
Síntese estereoselectiva de compostos bioactivos 6 OP 4º 1º
Calidade nos laboratorios analíticos 6 OP 4º 1º
Química industrial 6 OP 4º 1º
Ampliación de química analítica 6 OP 4º 2º
Química analítica ambiental e agroalimentaria 6 OP 4º 2º
Química computacional 6 OP 4º 2º
Química inorgánica medioambiental e bioinorgánica 6 OP 4º 2º
Química terapéutica 6 OP 4º 2º
Técnicas informáticas en química 6 OP 4º 2º
Teoría das reaccións orgánicas 6 OP 4º 2º
Inmunoquímica 6 OP 4º 2º
Prácticas externas 6 OP 4º 2º

O Módulo Traballo de Fin de Grao atópase no segundo cuadrimestre de cuarto curso e dedícase á realización do Traballo de Fin de Grao cuxo obxecto é demostrar, de forma integrada, que se adquiriron as competencias propias do graduado en Química. O Traballo de Fin de Grao establécese en 18 ECTS de carácter obrigatorio, o que tamén permite aspirar a solicitar a etiqueta de EuroBachelor en Química para o título.

Materia ECTS Tipo Curso Cuadrimestre
Traballo Fin de Grao 18 OB 4º 2º