Neste máster o estudantado adquire uns coñecementos avanzados en química e adquiren experiencia práctica coas técnicas fundamentais relacionadas coa I+D+i química

O seu principal obxectivo é proporcionar ao seu estudantado coñecementos para obter unha sólida base en química avanzada e en técnicas instrumentais químicas e biolóxicas, que lles permita orientarse cara a investigación ou cara a profesionalización en temáticas relevantes da ciencia e a tecnoloxía químicas.

Este máster inclúe unha orientación investigadora (cinco especialidades) e unha orientación profesionalizante, sendo a súa duración dun ano (60 ECTS).

Páxina web do título

 

Información de interese

  • Prazas: 20 prazas (na UVigo)
  • Tipo de ensino: presencial
  • Periodicidade da oferta: anual
  • Duración: 60 créditos ECTS

 

Coordinación do título

María del Carmen Terán Moldes
+34 986 812 276
mindinvquimica@uvigo.es

Matrícula

Área de Estudos de Máster
+34 986 812 532
areaposgraocc@uvigo.es