O título de máster dispón da calificación Eurolabel (ECTN) e desenvolvese na Facultade de Química da UVigo, así como noutras trece universidades españolas

O Máster interuniversitario en química teórica e modelización computacional pretende outorgarlle ao estudantado unha formación avanzada, de carácter especializado e multidisciplinario, orientada a promover a iniciación en tarefas investigadoras que supla a demanda crecente de persoal experto non soamente do mundo da academia, senón tamén da industria.

Recoméndase que o estudantado que acceda ao máster, idealmente, cursara e por tanto adquirira as capacidades, destrezas e coñecementos que outorga o Grao en Química ou Física.

Páxina web do título

 

Información de interese

  • Prazas: 3 prazas (na UVigo)
  • Tipo de ensino: presencial
  • Periodicidade da oferta: anual
  • Duración: 120 créditos ECTS

 

Coordinación do título

José Manuel Hermida Ramón
+34 986 812 298
jose_hermida@uvigo.es

Matrícula

Área de Estudos de Máster
+34 986 812 532
areaposgraocc@uvigo.es