Estudantado da UVigo opinan do Grao en Química: video 1 | video 2 | video

A Química é unha das ciencias máis relevantes. O mundo que coñecemos non sería tal sen a aportación da Química: os materiais de todo tipo (polímeros, plásticos, papel, pinturas, aleacións etc), produtos farmacéuticos, produtos cosméticos, xabóns e deterxentes, pesticidas, abonos, combustibles e disolventes, serían impensables hoxe sen o traballo dos químicos.

Actividades indispensables na nosa vida coma o control de contaminantes e toxinas ou o estudo das reaccións nos seres vivos, teñen unha base esencialmente química.


Obxectivos

  • Proporcionar aos estudantado unha base sólida e equilibrada de coñecementos químicos e habilidades prácticas.
  • Desenvolver no estudantado a habilidade para aplicar os seus coñecementos químicos, teóricos e prácticos, á solución de problemas en Química.
  • Proporcionar ao estudantado unha base de coñecementos e habilidades para a inserción laboral en áreas especializadas de Química ou áreas multidisciplinares.

Saídas profesionais

  • Químicos municipais e provinciais.
  • Químicos de Institutos de Hixiene.
  • Quimicos de Aduanas.
  • Químicos de organismos do Estado, provincia ou municipio, monopolios e empresas dependentes, incluso indirectamente, do Estado, nas que se requira esta función especifica.
  • Químicos en empresas privadas.
  • Químicos en laboratorios oficiais.
  • Educación secundaria, universitaria e investigación.

Consulta a ficha do título