Grao en Química – curso 2023/2024
O equipo decanal da Facultade de Química quere darvos a benvida á facultade e informarvos de que o luns 11 de setembro ás 9.00 horas terá lugar o Acto de Benvida ao novo estudantado no salón de actos do Edificio de Ciencias Experimentais, onde vos presentaremos a facultade, os estudos de Grao en Química e vos informaremos sobre algúns dos servizos da Universidade de Vigo.
Queremos presentarvos tamén o Plan de Acción Titorial (PAT) que se pon en marcha cada curso para que a vosa chegada á universidade sexa máis doada. Están programadas reunións ao longo do curso que vos contaremos no acto de benvida.
Por último tamén dispoñedes dunha Guía do Estudante, onde aparece recollida información xeral sobre os estudos e a universidade.
Sede benvidos/as á Facultade de Química da Universidade de Vigo.