Doutoramento en Ciencia e Tecnoloxía Química

Coordinador: Belén Vaz Araújo

O Programa de Doutoramento en Ciencia e Tecnoloxía Química é un programa interdisciplinar de Química que permite formar desde o punto de vista teórico e práctico a estudantado interesado en adquirir as competencias e habilidades necesarias para xerar coñecemento químico en laboratorios de investigación e/ou nunha ampla variedade de áreas económico-sociais relacionadas coa Química, así como contribuir á sociedade da información e do coñecemento, contribuíndo á creación do mesmo no campo da Química, todo iso como resultado da oferta dun abano amplo e diverso de liñas de investigación e un panel de directores tamén amplo e diverso.

Universidades participantes:

  • Universidade de Vigo
  • Universidade de Santiago de Compostela (coordinadora)

Máis información

 


Doutoramento en Ciencia e Tecnoloxía de Coloides e Interfases

Coordinador: Juan Pablo Hervés Beloso

A ciencia de Coloides e Interfases desempeña un papel clave en sectores tan variados como alimentación, farmacia, cosmética, novos materiais, nanotecnoloxía, etc. Estes sectores atópanse entre os máis activos en canto a desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica e, por tanto, entre os que presentan unha maior capacidade de absorción de doutores cara ao futuro próximo. A Química Supramolecular, a Nanociencia, e o control de propiedades a través de deseño molecular son expresións que cada día aparecen con máis frecuencia en textos relacionados coa tecnoloxía. Este programa de doutoramento realízase en colaboración co centro de investigación cooperativa en Biomateriales (CIC biomaGUNE) de San Sebastian. O obxecto desta colaboración é profundar no coñecemento dalgúns aspectos da nanociencia nos que os investigadores da UVigo e do biomaGUNE realizan investigacións complementarias.

Universidades participantes:

  • Universidade de Vigo

Máis información

 


Doutoramento en Química Teórica e Modelización Computacional

Coordinador: Marcos Mandado Alonso

Este programa de doutoramento, de forte carácter interuniversitario xa que participan nel 13 universidades diferentes, está orientado á realización de traballos de investigación no campo da modelización molecular e a química cuántica. Estes traballos poden ser tanto de aplicación directa da modelización ao estudo de problemas de interese químico (química orgánica, inorgánica e química física) como ao desenvolvemento de metodoloxías, modelos e software específico. A admisión ao programa de doutoramento realízase habitualmente tras cursar o Máster en Química Teórica e Modelización Computacional, aínda que tamén é accesible despois de cursar un máster oficial de carácter científico.

Universidades participantes:

  • Universidade de Vigo
  • Universidad Autónoma de Madrid (coordinadora)
  • Universidad de Oviedo
  • Universidad de Murcia
  • Universidad de Valencia
  • Universidad de Sevilla
  • Universidad del Pais Vasco
  • Universidad de Granada
  • Universidad de Cantabria
  • Universidad Complutense de Madrid
  • Universidad Jaume I
  • Universidad de las Islas Baleares

Máis información