O estudantado do Grao en Química tamén pode realizar prácticas externas extracurriculares, que son aquelas que se realizan con carácter voluntario durante o período de formación e que non forman parte do plano de estudos. Sen embargo, si se reflexan no expediente académico da persoa que as realiza e, de ser o caso, no suplemento europeo ao título.
Na Universidade de Vigo poden realizar prácticas externas extracurriculares o estudantado matriculado en titulacións ás que se vinculen as competencias básicas, xenéricas e específicas que se adquirirán na titulación. No caso do estudantado de grao, deberá ter superados o 50% dos créditos necesarios para obter a titulación.
As prácticas externas poden realizarse en entidades colaboradoras, tales como empresas, institucións e entidades, de carácter público ou privado, no ámbito nacional ou internacional. Tamén poden realizarse en dependencias e servizos da propia Universidade de Vigo que non estean destinados á actividade docente. De acordo coa normativa da Universidade de Vigo, podénse realizar ata un máximo de 240 horas de prácticas sen remuneración e, por tanto, sen custo para a empresa.
Para que poidan realizarse prácticas externas deberá existir un convenio de cooperación educativa entre as entidades colaboradoras e a Universidade de Vigo. No caso dos servizos da Universidade o convenio substituirase por un acordo escrito interno.
A Fundación Universidade de Vigo (FUVI) encargase da tramitación e xestión das prácticas extracurriculares dos estudantes da Universidade de Vigo.
Fundación Universidade de Vigo
Área Comercial, local A12
+34 986 814 086
emprego@uvigo.es
http://www.fundacionuvigo.es
Hai dous procedementos de xestión das prácticas extracurriculares:
- A Fundación Universidade de Vigo e/ou a universidade realizan convocatorias públicas coas ofertas de prácticas propostas polas entidades colaboradoras ás que pode presentarse o estudantado: a FUVI fai unha primeira preselección entre as posibles persoas candidatas para garantir o cumprimento das condicións establecidas nas normativas e nas convocatorias e, posteriormente, será a entidade colaboradora a responsable de facer a selección definitiva entre as persoas candidatas admitidas.
- O estudantado pode contactar pola súa conta cunha empresa ou institución na que solicitar a realización de prácticas extracurriculares: neste caso, deberá contactar coa Fundación Universidade de Vigo e proporcionar os datos da entidade e da práctica proposta e será a FUVI a que contactará coa empresa para asinar un convenio que permita a súa incorporación.
Información relevante
A facultade anima aos estudantes do Grao en Química a que tomen a iniciativa de pórse en contacto con aquelas empresas nas que teñan interese en realizar prácticas e que se propoñan como candidatos. Ao elexir as empresas da acordo coas súas preferencias, os estudantes estarán máis motivados durante a realización das prácticas.
O procedemento para que os estudantes propoñan as súas propias prácticas é o seguinte:
O estudantado debe escoller unha empresa para facer prácticas de acordo coas súas preferencias, por exemplo, tendo en conta o sector da industria química ao que pertence a empresa ou a localidade na que se atopa.
No seguinte enlace inclúese unha lista orientativa de empresas de distintos sectores que pode facilitar a búsqueda dunha empresa onde realizar prácticas:
Breve listaxe de empresas do sector químico
O seguinte enlace permite acceder a un buscador dos convenios vixentes entre a Universidade de Vigo e empresas e/ou institucións onde levar a cabo prácticas:
Se algún estudante ten interés nunha empresa ou localidade que non se atope nesta lista, no decanato da facultade está dispoñible un catálogo detallado de empresas do sector químico de Galicia clasificadas por actividade ou localidade.
O estudantado debe preparar o seu CV e redactar unha carta de presentación especialmente dirixida á empresa elexida. Para a preparación destes documentos, o estudantado pode acudir a Área de Emprego e Emprendemento da Universidade de Vigo, que é o servizo de orientación laboral da Universidade, onde se lle prestará apoio nestas tarefas e asesoramento ante calquera dúbida.
Nos seguintes enlaces inclúense uns modelos orientativos de curriculum vitae e de carta de presentación así como unhas recomendacións xerais para a redacción dos mesmos elaboradas por EURES, o portal europeo da mobilidade profesional:
O estudantado debe contactar co servizo de recursos humanos da empresa elixida para comunicar o seu interese en realizar prácticas e entregar o CV e a carta de presentación. Neste punto tamén é convinte solicitar unha entrevista co responsable de recursos humanos. En caso de ser necesario, poden solicitar axuda no decanato da facultade para contactar coa empresa.
De ser necesario, unha vez que o estudantado sexa admitido nunha empresa para a que non existe convenio coa universidade debe poñerse en contacto co decanato da facultade para levar a cabo os trámites necesarios para poder facer prácticas na empresa da súa elección.
Tramitación de prácticas extracurriculares
Información práctica para estudantes e titores
Neste documento inclúese a información práctica para que o estudantado e o persoal titor da Facultade de Química tramite a documentación das prácticas extracurriculares.
Tramitación de prácticas extracurriculares coa intención de recoñecemento por prácticas curriculares
Neste documento atópase a información que necesita coñecer o estudantado interesado en recoñecer as prácticas extracurriculares como prácticas curriculares.