O Cinbio presenta ás pemes da eurorrexión dous sensores de elevado interese comercial

Un sensor para a detección temperá da fibrose e outro dirixido a detectar toxinas mariñas, de baixo custo e elevada sensibilidade. Estes son dous dos proxectos nos que traballan actualmente os grupos de Inmunoloxía e Química Coloidal da Universidade de Vigo e que este venres presentaron nun obradoiro celebrado no Centro de Investigacións Biomédicas, Cinbio, dirixido a pequenas e medianas empresas innovadoras da Eurorrexión Galicia-norte de Portugal que puidesen estar interesadas no seu desenvolvemento e explotación comercial.

Ambos traballos están a desenvolverse dentro do proxecto de investigación NANOeaters, un traballo, encadrado no Programa Interreg V-A España-Portugal 2014-2020 (POCTEP), liderado pola Axencia Galega de Innovación e no que participan un total de oito institucións, entre elas a propia UVigo. Posto en marcha en 2015, o proxecto conta cun financiamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) de 3,1 millóns de euros e con el búscase mellorar a participación do tecido empresarial galego e portugués no desenvolvemento de novos produtos e/ou servizos aptos para a explotación comercial.

Ler a noticia completa no DUVI