II OLIMPÍADA de Química para 3º e 4º da ESO

A xornada, moi lúdica, terá lugar o día 16 de xuño e, como se pode ver no horario proposto, consta fundamentalmente de dúas partes:

  • Xincana/Escape Room de temática química: a través de diferentes probas distribuídas pola Facultade de Química e arredores, o alumnado demostrará as súas habilidades tanto químicas como de lóxica e traballo en equipo.
  • Prácticas nos laboratorios docentes da Facultade de Química: os participantes traballarán nun laboratorio real e realizarán de forma autónoma prácticas adaptadas á súa idade e coñecementos.

Plan da Xornada é:

  • 10:00 h: Xincana/Escape Room.
  • 11:30 h: proba por equipos nos laboratorios da Facultade de Química.
  • 13:00 h: merenda e entrega de diplomas e premios.

Cada centro educativo poderá inscribir un máximo de entre 6 e 10 estudantes de 3º e 4º da ESO, segundo o alumnado que teña nestes cursos. A inscripción farase a través de este  formulario: https://forms.gle/opzhv6yJKrWwZYUSA e o prazo de inscripción será do 15 de maio ao 31 de maio.