A Química é unha das ciencias máis relevantes. O mundo que coñecemos non sería tal sen a aportación da Química: os materiais de todo tipo (polímeros, plásticos, papel, pinturas, aleacións etc), produtos farmacéuticos, produtos cosméticos, xabóns e deterxentes, pesticidas, abonos, combustibles e disolventes, serían impensables hoxe sen o traballo dos químicos.
Actividades indispensables na nosa vida coma o control de contaminantes e toxinas ou o estudo das reaccións nos seres vivos, teñen unha base esencialmente química.
Obxectivos
- Proporcionar aos estudantado unha base sólida e equilibrada de coñecementos químicos e habilidades prácticas.
- Desenvolver no estudantado a habilidade para aplicar os seus coñecementos químicos, teóricos e prácticos, á solución de problemas en Química.
- Proporcionar ao estudantado unha base de coñecementos e habilidades para a inserción laboral en áreas especializadas de Química ou áreas multidisciplinares.
Saídas profesionais
- Químicos municipais e provinciais.
- Químicos de Institutos de Hixiene.
- Quimicos de Aduanas.
- Químicos de organismos do Estado, provincia ou municipio, monopolios e empresas dependentes, incluso indirectamente, do Estado, nas que se requira esta función especifica.
- Químicos en empresas privadas.
- Químicos en laboratorios oficiais.
- Educación secundaria, universitaria e investigación.