Inicio
Avisos
Actualidade
Grao en Química
A Química é unha das ciencias máis relevantes. O mundo que coñecemos non sería tal sen a aportación da Química: os materiais de todo tipo (polímeros, plásticos, papel, pinturas, aleacións etc), produtos farmacéuticos, produtos cosméticos, xabóns e deterxentes, pesticidas, abonos, combustibles e disolventes, serían impensables hoxe sen o traballo dos químicos.